Música Tradicional Galega
25 anos do Folk de Callobre
Esta cita referente do calendario estradense volve o próximo sábado 11 de xullo para celebrarun cuarto de século coas actuacións de grupos de calado como De Ninghures ou Meninos do Pandeiro, aínda que coa ausencia da formación local, Regatos

Louzao cos membros da organización. | F.C.
O Folk de Raíz de Callobre celebrará o próximo 11 de xullo un cuarto de século convertido nunha das grandes referencias da música tradicional da Estrada. O festival, que suma xa 25 anos de historia –27 edicións previstas se non fose polos dous paróns obrigados da pandemia–, volverá reunir nesta parroquia estradense música, baile, gastronomía e convivencia arredor dunha cita que transcende xa o puramente cultural para convertirse en identidade de Callobre.
Durante a presentación do evento, o fundador e alma visible do festival, José Tato, recoñeceu a emoción que lle produce comprobar a dimensión acadada por unha iniciativa que comezou case de maneira improvisada. «Nunca pensamos chegar aquí cando fixemos a primeira edición», confesou. A idea inicial, lembrou, nin sequera fora súa: «Outro compañeiro plantexáraa, pero eu fun quen se puxo á fronte e xa dende a primeira edición foi un éxito».
Co paso dos anos, o Folk de Raíz converteuse nunha das citas imprescindibles do calendario estival galego, mantendo unha personalidade propia baseada na autenticidade e na defensa da cultura tradicional. Para Tato, a clave da súa supervivencia está na continuidade do equipo organizativo e na implicación veciñal. «Hai que manter a estabilidade na comisión, porque se cambia corre o risco de desaparecer por falta de voluntarios», advertiu.
Actualmente o núcleo organizador está formado por seis persoas: Emilia Silva, José Tato, Silvia Tato, Miguel Gañete, Elena Aller e Dani Abalo, ademais doutras moitas colaboracións desinteresadas que cada ano fan posible levantar o festival.
O cartel desta edición volve apostar por nomes destacados da música tradicional e folk contemporánea. Sobre o palco pasarán Meninos do Pandeiro, Tanto Nos Ten, De Ninghures e Leirabuxo. «Meninos do Pandeiro gustounos moitísimo, son unha pasada», destacou Tato durante a presentación. Tamén puxo o foco en De Ninghures, unha das bandas do momento na escena galega: «Está petándoo moito ultimamente; xa iamos contratalos o ano pasado, pero ao final veu Mondra».
As actuacións musicais comezarán ás 22.00 horas, aínda que a cita arrancará xa ás 19.30 con xogos tradicionais da man de Sororas e un obradoiro de baile da man de Hadrián García. Tamén haberá servizo de pulpeiro da man de Pulpería Guerra.
Con todo, o Folk de Raíz non se limita a unha única noite ao ano. O festival leva tempo ampliando a súa actividade grazas ás Noites de Raíz, foliadas mensuais acompañadas de degustación de porco á brasa que naceron inicialmente para recaudar fondos de cara ao evento principal de xullo. Porén, co paso do tempo, estas citas foron adquirindo entidade propia. «Levamos tres anos nos que funciona moi ben», explican desde a organización. O éxito foi tal que tiveron que ampliar o formato, pasando de dous grupos participantes a catro para dar resposta á crecente demanda de participación.
Asimesmo, esta edición terá tamén un inevitable pouso emocional. O histórico grupo Regatos non formará parte do cartel debidoá decisión de José Tato de dar un paso atrás. A falta de relevo xeracional mantén actualmente o proxecto nun punto de pausa, á espera de que alguén queira recoller a testemuña.
Finalmente, dende a comisión agradecen tamén a Rosa de Cabanas, quen sempre diseña os cartaces do evento.
- Giro del Supremo con los proyectos eólicos paralizados: el tribunal ya no garantiza el derecho a conectarse a la red
- Un vigués pide el indulto para su hermana, condenada en A Lama a seis años de prisión y diagnosticada de TEA tras los hechos
- Tiran droga por la ventana del coche en una huida temeraria de 15 kilómetros en la A-52
- Proyecto inversor de Nueva Pescanova: negocia la compra del «Olupale» para Namibia y jubila al histórico «Mar del Cabo»
- Así será el futuro hotel balneario de As Caldas, con categoría 5 estrellas, vistas al Miño, servicios de salud termal, ocio y restauración
- El ex copropietario de Hiperxel Eusebio Novas, a prisión: «Se le deniega el beneficio de la suspensión por su peligrosidad criminal»
- La familia de una joven que sufrió un traumatismo craneoencefálico grave reclama al Sergas ampliar la rehabilitación
- Los estudiantes que hicieron el examen de Historia de España, en la que hubo problemas, pueden respirar tranquilos: los correctores serán «flexibles»