Saltar al contenido principalSaltar al pie de página

Fotografía

Ton van Vliet: «Non sabería dicir qué aldea de Agolada me resultou máis curiosa á hora de sacar fotos»

O fotógrafo holandés visita o municipio durante a súa estadía en Galicia para formalizar a donación da súa colección ao Museo do Pobo Galego

El fotógrafo holandés Tom van Vliet donará al Museo do Pobo Galego una colección de negativos con fotografías de Agolada de los años 70 y 80

Bernabé/ Javier Lalín

¿Ya nos sigues?Márcanos como medio preferente
Añádenos en Google
Salomé Soutelo

Salomé Soutelo

Agolada

«En Holanda, as miñas fotografías sobre Galicia seguramente acabasen no lixo. Alá Galicia só é coñecida polo Camiño de Santiago». Meses atrás, o fotógrafo holandés Ton van Vliet anunciou a súa intención de donar ao Museo do Pobo Galego a súa colección de máis de 2.000 diapositivas, negativos e copias das fotos que fixo a finais dos anos 70 e comezos dos 80 por distintos enclaves da comunidade. Un deles foi Agolada, con quen sigue tendo un profundo vínculo.

Este luns, aproveitando a súa estadía en Galicia para formalizar dita donación, van Vliet desprazouse ata Agolada, acompañado polo tamén fotógrafo Eutropio Rodríguez, editor ademais do volume 'O pálpito interior', unha recompilación desas fotos sacadas en sucesivas viaxes, así como por Alfonso Sucasas, a quen o une unha amizade de máis de 40 anos. «Ton, de mozo, falaba francés, e os meus irmáns tamén, así que comezamos trabar amizade e el cada vez que viña axudábanos a gardar a herba seca», lembraba onte Alfonso. Van Vliet, a quen Eutropio Rodríguez lle fai de tradutor, explica que a primeira visita a Agolada foi por casualidade. Viaxou co seu amigo Jeroen a Galicia porque querían coñecer a 'Escocia española', e desprazábanse nun Opel Kadett. Pararon a xantar no Merendeiro do Arnego, pero trala comida era demasiado tarde para seguir conducindo así que Servando, o dono do local, recomendoulles acampar nunha área recreativa próxima á central hidroeléctrica. Van Vliet volvería despois, xa só, en sucesivas viaxes, para retratar o día a día das xentes de Agolada.

«Non sabería decirche qué aldea foi a que máis me sorprendeu, a que me resultou máis curiosa á hora de sacar fotos. Non quero enfadar a ninguén», confesa, entre risas. Pero asegura que o que quedou namorado artísticamente de Agolada «pola súa luz, pola súa paisaxe e tamén pola súa xente. Son todos moi acolledores», asegura. Nos últimos anos non voltou sacar fotos nestas terras de Deza, pero vén con frecuencia e queda dous ou tres días.

Suscríbete para seguir leyendo

Tracking Pixel Contents