Saltar al contenido principalSaltar al pie de página

Moción

O PSOE de Lalín reivindica a ordenanza de normalización lingüística

¿Ya nos sigues?Márcanos como medio preferente
Añádenos en Google

redacción

Lalín

O PSOE de Lalín levará ao pleno unha moción para reclamar o cumprimento da Ordenanza Municipal de Normalización Lingüística, de 2015. A proposta busca reafirmar o compromiso do Concello coa defensa, promoción do galego como lingua propia de Galicia e parte da identidade lalinense.

Pide iniciar a revisión da ordenanza para adaptala á realidade actual da administración local, incorporando ámbitos como a web municipal, a sede electrónica, as redes sociais, a comunicación dixital, a contratación pública, as concesionarias, a sinalización e a atención cidadá. Propón reactivar o Servizo de Normalización Lingüística con medios para asesorar os departamentos municipais, revisar materiais públicos, resolver dúbidas e promover campañas. Garantir que campañas, publicacións, actividades públicas e comunicacións institucionais sexan en galego, así como revisar a sinalización, a rotulación de edificios, vehículos ou instalacións deportivas e aposta por campañas para a mocidade e por accións de apoio ao uso do galego no comercio, a hostalaría, o tecido asociativo, o deporte e a cultura, desde unha perspectiva positiva e non impositiva.

Tracking Pixel Contents