Saltar al contenido principalSaltar al pie de página

Día das Letras Galegas

Letras ata no pentagrama

As bisbarras de Deza e Tabeirós celebran o 17 de maio

Actuación das Pandereteiras de Zobra no Serán das Letras de Lalín.

Actuación das Pandereteiras de Zobra no Serán das Letras de Lalín. / Bernabé / Amanda Castro

¿Ya nos sigues?Márcanos como medio preferente
Añádenos en Google
Alfonso Loño

Alfonso Loño

Lalín

As bisbarras celebraron este domingo o 17 de maio con distintas manifestacións artísticas nun Día das Letras Galegas no que a música tradicional tivo un papel esencial. O Serán das Letras foi o evento máis concorrido coa Praza da Igrexa de Lalín como espazo de concentración de veciños e visitantes. Na Estrada houbo pregón e música nunha xornada coincidente coa Festa do Salmón e en Silleda, ademais de música, o teatro formou parte do programa municipal desta xornada reivindicativa que este ano estaba adicada á xornalista e escritora do barrio vigués de Lavadores Begoña Caamaño.

Pregón de Neves Rodríguez no acto celebrado na Estrada.

Pregón de Neves Rodríguez no acto celebrado na Estrada. / Bernabé / Amanda Castro

A festa en Lalín arrancou cedo, sobre as 11 da mañá, cun obradoiro de baile galego baixo a coordenación do artista galego Xisco Feijoo, que xa cara á unha da tarde subeu ao escenario da carpa da céntrica praza para ofrecer un concerto no que a súa voz estivo acompañada pola pandeireta ou o pandeiro galego. O espectáculo tivo continuidade ata a hora do xantar e por iso os grupos participantes no Serán das Letras que actuarían pola tarde compartiron unha comida.

Actuación do grupo de gaitas de Barbude, na Estrada.

Actuación do grupo de gaitas de Barbude, na Estrada. / Bernabé / Amanda Castro

Organizado polo Concello, sobre as 17.00 horas comenzaron os ensaios da festa que viría despois, na que participaron once agrupacións do municipio. Presentado polo xornalista radiofónico Gúmer Portas, pasaron polo escenario as Pandereteiras de Zobra, Randela, Ailola, Os Dezas de Moneixas, Ponte da Prata, Repenicando, Os Xuncos, A Carballeira de Cercio, Roseira Brava e Carballo da Manteiga. Xa desde as 20.00 horas a festa tivo continuidade na carpa.

Concerto de Xisco Feijoo en Lalín.

Concerto de Xisco Feijoo en Lalín. / Cedida

Na Estrada a actriz e presentadora Neves Rodríguez foi a encargada de ler o pregón das Letras Galegas. O acto comezou ás 11.00 horas, máis cedo do habitual, xunto ao monólito de Marcial Valladares Núñez, único estradense homenaxeado pola Real Academia Galega nesta efeméride. Houbo acompañamento musical da Banda de Gaitas de Barbude, intervención do alcalde Gonzalo Louzao e cunha ofrenda floral que rematou coa interpretación do Himno Galego. A pregoeira destacou a importancia de coidar o idioma e fixo referencias ao legado persoal e creativo de Begoña Caamaño.

Función de Enredos Teatro en Silleda.

Función de Enredos Teatro en Silleda. / Cedida

Na Praza Siñor Afranio de Silleda houbo pola mañá música e teatro. A compañía Enredos Teatro representou a obra Circe ou pracer azul, que foi seguida polo público sentado diante do espazo público que está á beira da casa do Concello. Tambén houbo concerto, neste caso do dúo Mallou, formado por Sabela Bello e Benjamín Vázquez.

Suscríbete para seguir leyendo

Tracking Pixel Contents