Saltar al contenido principalSaltar al pie de página

Entrevista | María Mera Actriz, presentadora e pregoeira do Galo de Curral

«Temos que pensar de onde vén o que comemos»

O seu perfil próximo e o seu compromiso coa identidade de Galicia convertérona nunha elección natural para exercer de pregoeira en eventos de gran tradición, como a XXXII Festa do Galo de Curral de Vila de Cruces neste 2026

María Mera nunha imaxe promocional.

María Mera nunha imaxe promocional. / Cedida

¿Ya nos sigues?Márcanos como medio preferente
Añádenos en Google
Vila de Cruces

María Mera (Boqueixón, 1986) é unha actriz e xornalista galega, recoñecida polo seu papel de Vanesa en Matalobos e como protagonista de O sabor das margaridas, a primeira serie en galego en chegar a Netflix. Cunha destacada traxectoria como presentadora na TVG en programas como Luar, traballou tamén no cine con directores como Almodóvar. En 2026, exerce como pregoeira da XXXII Festa do Galo de Curral de Vila de Cruces polo seu compromiso coa cultura e a identidade de Galicia.

Que sentiu cando recibiu a chamada para ser a pregoeira en Vila de Cruces este ano?

Cando me chaman para un pregón o primeiro que sinto é moito agradecemento porque contaron conmigo porque me parece unha responsabilidade moi importante que temos nas festas da nosa terra. E o que sinto sempre, pues emoción e sobre todo tamén responsabilidade. Que honra para min poder ser a pregoeira dunha festa tan importante como é a do Galo de Curral.

Sen facernos spoiler, cal é a mensaxe principal que quere transmitir no seu pregón?

Sen dúbida ningunha poñer en valor o importante que temos na nosa terra e produto, que neste caso é o galo. O galo é o protagonista. No meu pregón vai ir todo arredor do rei, que é o galo de curral. E sobre todo de como facemos as cousas ben en Galicia e como se está cuidando este galo, que está criado en liberdade, que é o que estamos comendo e poñer en valor cousiñas que se están perdendo na sociedade de hoxe en día e que grazas a estas festas mantemos a tradición e mantemos tamén o importante. a vida lenta e coidarse.

Como se prepara unha comunicadora coma vostede para falarlle á veciñanza nun día tan sinalado?

É un reto prepararse porque non é o mesmo presentar un programa de televisión que de repente facer algo así. É unha responsabilidade porque están todos os veciños, xente da contorna e xente que ven a ver que di María no pregón. Non vivo en Cruces pero me considero veciña porque ao final todos os galegos penso que somos un pouquiño de cada recuncho de Galicia. Penso moito na xente que me ve. Teño a sorte de presenciar moitos pregóns, por exemplo na Filloa onde levo moitísimos anos escoitando pregoeiros e penso moito en como se sinte a xente mirando, en como sería eu como espectadora, como esa veciña que vai ver a un pregoeiro. Por iso tento facer cousiñas amenas e distendidas nun momento onde hai moita xente e hai que ser moi precisos no tempo tamén. Non podes enredarte con doce folios, entón penso básicamente no que gustaría ver a min.

Para alguén que nunca o probara, como describiría o sabor deste manxar?

Home, eu teño a sorte de ser unha rapaza de aldea e de que tiven un pai que me ensinou o importante que é ter os animais na casa, comer as cousiñas da casa, as patacas da horta ou un galo, claro que si, como é o de Vila de Cruces. Entón, veño diso e o digo con moito orgullo. Non ten nada que ver o sabor de ningunha froita ou a matanza do porco que tamén a vivín moi de cerca. Cando ti xa fuches criada en eso, logo calquera cousa que ti vas mercar ao supermercado paréceche que non ten punto de comparación. Son cousas que eu creo que deberíamos recuperar por moitos motivos, pero pensando principalmente no máis importante, que é a saúde. Temos que pensar en que comemos, de onde vén o que comemos.

Como figura pública que vive de preto a cultura galega, como ve o futuro das nosas festas gastronómicas?

A verdade e que do que eu levo empapándome, das festas as que vou indo, teño a sorte de ver que se están a facer moi ben as cousas porque a veciñanza estálle ensinando moito aos cativos e as cativas a que sigan a tradición a pesar de que parece imposible no mundo no que estamos. Eu vexo na zona do rural nestas festas que os nenos e as nensa siguen herdando esa paixón por facer as festas, por xuntarse, que ao final é o obxectivo das festas na súa parte máis social. E algo que eu tamén fago coas miñas nenas cando as levo as festas. No meu entorno tento de facelo e coidar a tradición. Eu penso que están collendo máis forza agora estas festas, que están volvendo a recuperarse un pouquiño máis.

Se tivese que elixir unha banda sonora para este día de festa en Vila de Cruces, cal sería?

Uy, que difícil. Banda sonora non sei, pero si estiveran as Tanxugueiras cantando "Terra", por exemplo, sería algo xenial para unha festa como a do galo de curral. Penso que algo con moita forza e moito da terra sería o ideal para unha festa como a de Vila de Cruces.

Suscríbete para seguir leyendo

Tracking Pixel Contents