Saltar al contenido principalSaltar al pie de página

Letras Galegas

Silleda reparte camisetas no concerto de Mallou este domingo

¿Ya nos sigues?Márcanos como medio preferente
Añádenos en Google

redacción

Silleda

O Concello de Silleda repartirá este domingo camisetas conmemorativasa en homenaxe á escritora Begoña Caamaño. Será durante o concerto de Mallou, programado para as 12.00 horas na Praza Siñor Afranio e incluido no programa Máis Música da Deputación. Antes, sobre as 11.3o horas, a formación Enredos Teatro pón en escea a peza «Circe ou o pracer azul», da autor viguesa.

Con este regalo de camisetas, a Concellería de Cultura dá continuidade á liña de actuacións que leva impulsado durante os últimos anos para festexar o Día das Letras Galegas, repartindo outros agasallos como tazas ou altofalantes para dispositivos móbiles.

Biblioteca en Rodeiro

Pola súa banda, o Concello de Rodeiro aproveita a xornada dominical do 17 de maio para abrir a súa biblioteca de 12.00 a 13.30 horas. «É o lugar perfecto para aprender, compartir e soñar», indica o Concello no seu perfil na rede social Facebook. O goberno de coalición anima a todos os veciños e veciñas a aproveitar esta oportunidade para darse de alta na biblioteca e ter acceso aos centos de volumes do centro.

Tracking Pixel Contents