Saltar al contenido principalSaltar al pie de página

Cultura galega

Recoñecen o labor de dous estradenses pola cultura e a lingua galega

Valentín García e Carlos Henrique reciben o premio do Foro do Bo Burgo en Castro Caldelas

Carlos Henrique Fernández Coto no acto de entrega dos premios Foro do Bo Burgo

Carlos Henrique Fernández Coto no acto de entrega dos premios Foro do Bo Burgo

¿Ya nos sigues?Márcanos como medio preferente
Añádenos en Google
A Estrada

Dous estradenses, Carlos Henrique Fernández Coto e Valentín García, recibiron este xoves 14 de maio en Castro Caldelas un dos recoñecementos culturais máis simbólicos de Galicia nos Premios Foro do Bo Burgo, que distinguen o seu labor na defensa e promoción da cultura e da lingua galega.

Fernández Coto, presidente de Apatrigal, recolle o galardón no eido da Defensa da Cultura polo traballo desenvolvido por esta entidade na protección e divulgación do patrimonio galego ao longo da última década. “Este é xa o segundo recoñecemento que recibe Apatrigal polo labor de divulgación da cultura e do patrimonio galego. O recoñecemento do Foro do Bo Burgo ten para nós un significado moi especial, porque premia o traballo desenvolvido ao longo destes dez anos de vida da asociación, e supón tamén un forte impulso para seguir traballando na defensa, protección e divulgación do patrimonio cultural galego”, sinala. Ademais, engade que “cando a unha entidade humilde como Apatrigal lle recoñecen o traballo na divulgación, difusión e defensa do patrimonio de todos, a alegría é inmensa, porque significa que algo estaremos facendo ben”.

Pola súa banda, o lingüista Valentín García, secretario xeral de Política Lingüística, é distinguido no eido da Lingua. “Síntome moi ben porque o Foro do Bonoburgo é o documento máis antigo que se coñece en lingua galega. Para un lingüista é un premio moi significativo”, afirma. García tamén destaca o valor emocional do acto: “Non sei se o merezo pero faime moita ilusión recibilo no Castelo de Castro Caldelas en véspera das Letras Galegas. Alí me lembrarei a nosa comarca na que me transmitiron a riqueza da lingua”.

A entidade

Os Premios Foro do Bo Burgo de Castro Caldelas recoñecen o labor de persoas e entidades destacadas na cultura galega. Impulsados por unha entidade centrada na difusión histórica e lingüística, distinguen achegas en ámbitos como a literatura, a música, o xornalismo ou o patrimonio. A súa orixe simbólica remóntase ao Foro do Bo Burgo de 1228, un dos documentos máis antigos en galego. Estes galardóns conectan ese legado co presente, poñendo en valor o compromiso coa lingua e a identidade cultural de Galicia.

Suscríbete para seguir leyendo

Tracking Pixel Contents