Día das Letras Galegas
Aula maxistral sobre Begoña Caamaño nos centros educativos e para a veciñanza de Deza
Radio Colmeiro emite desde o auditorio da Semana Verde un programa especial sobre a escritora, mentres a comunidade de Agolada e Dozón apostan polo teatro e os contacontos

XPonte

O Día das Letras Galegas, 17 de maio, cae este ano en domingo, así que os centros educativos organizaron onte venres diversas actividades para descubrir ou difundir a obra literaria e xornalística de Begoña Caamaño, a autora que se honra neste 2026. Un dos eventos máis agardados foi Diario Cultural Colmeiro na onda de Begoña Caamaño, un programa de radio emitido polo alumnado do instituto de Trasdeza dende o auditorio da Semana Verde e aberto á asistencia da veciñanza do municipio. O espazo incluiu radioteatro, noticias, entrevistas, concursos, música en directo, efectos sonoros e ambientación propia do medio radiofónico, e seguro que serviu de inspiración para que máis dun locutor e locutora, e tamén algún dos asistentes, se prantexase adicarne nun futuro ao xornalismo. Sen saír de Silleda, pero xa en horario vespertino, a biblioteca Daniel Castelao acolleu o espectáctulo de maxia 'Begoña Caamaño vitamina B e C', a cargo de Martín Camiña.

Foto de familia dos participantes nas actividades do CEIP de Agolada. / Cedida
Plantación de árbores
O teatro foi o protagonista nesta celebración anticipada das Letras Galegas noutro centro educativo do Deza, o CEIP de Agolada. O clube de lectura, que funciona desde fai varios meses, organizou unha función de teatro e tamén unha sesión de contacontos con escenarios á maneira da tradición chinesa. O evento estivo aberto tamén a todos os veciños do municipio. O luns, este colexio desprazarase ata a localidade do Sexo, afectada pola vaga de lumes do verán pasado, para plantar carballos que os nenos e nenas coidan durante o curso despois de teren enterrado as landras. Nesta clase práctica tamén van aprender a facer analíticas de auga cunha bióloga.

Espectáculo de maxia na biblioteca de Silleda. / Bernabé / Amanda Castro
Pola súa banda en Dozón, e da man da Deputación, estaba programada a función 'As letras que voan con nome de muller', de Trémola Teatro.
- Urgencias del hospital Álvaro Cunqueiro habilita una zona específica para pacientes de salud mental
- Condenan a la CIG a pagar 15.000 euros a una trabajadora por negarle la reducción de jornada para el cuidado de sus dos hijos
- El Concello de Cangas coloca grandes piedras en la zona de playas para impedir el aparcamiento de turismos y autocaravanas
- Povisa ficha al doctor Manuel Ruibal para impulsar la cirugía robótica con el sistema Da Vinci Xi
- Povisa sufre su mayor fuga de usuarios con casi 8.000 solicitudes de salida en el mes de elección de hospital
- El Celta arrancará la próxima temporada con más espectadores en las gradas de Balaídos: el Concello de Vigo anuncia una importante novedad en el estadio
- Los estudiantes que hicieron el examen de Historia de España, en la que hubo problemas, pueden respirar tranquilos: los correctores serán «flexibles»
- Profand deja ver por fin el viejo Banco de Galicia: la joya de Pacewicz reaparece en pleno centro de Vigo