Saltar al contenido principalSaltar al pie de página

Letras Galegas

Silleda ofrece un programa con maxia, teatro e concerto de Mallou

¿Ya nos sigues?Márcanos como medio preferente
Añádenos en Google

REDACCIÓN

Silleda

O Concello de Silleda ofrece ao longo da presente semana os actos centrais da programación das Letras Galegas 2026, que este ano honran a figura de Begoña Caamaño. Baixo o lema «A palabra rebelde» a música, o teatro e a maxia serán os protagonistas para afondar na obra literaria e no universo desta escritora viguesa falecida en 2014.

O venres, a partir das 17.30 horas a biblioteca municipal acolle o espectáculo ‘Maxia nas Letras con Begoña Caamaño. Vitamina B e C’, de Martín Camiña. A peza fai referencia a varias personaxes das súas novelas así como a relación de Caamaño cos medios de comunicación. O domingo 17, na praza Siñor Afranio a partir das 11.30 horas o grupo silledense Enredos Teatro fará unha lectura da novela ‘Circe ou o pracer do azul’. Na mesma praza sobre as 12.00 horas Mallou ofrecerá un concerto. Este dúo que conforman Sabela Rey e Benxamín Vázquez inclúe no seu repertorio múisca tradicional galega combinada con sons da tradición americana como o blues, o soul ou o country. A edil de Cultura, Mónica González Conde, anima a veciñanza a disfrutar «dunha feta aberta á rúa» para festexar o noso idioma.

Tracking Pixel Contents