Intercambio escolar
O alumnado do Camballón presume do legado natural, histórico e literario de Gres
O centro educativo compartiu á beira do Ulla unha xornada de convivencia cos estudantes do IES Perdouro de Burela

Un río adoita ser a fronteira natural entre dous territorios. De feito, á hora de establecer os límites entre cada provincia, o Ulla serviu de referencia para marcar qué territorios pertencían á Coruña e cáles a Pontevedra, da mesma maneira que o Miño é o "marco de auga", por así decilo, entre Galicia e Portugal. Un río pode separar territorios, é certo, pero une á xente que vive aos seus dous lados. Pasou en marzo de 1809, cando un exército popular conformado pola veciñanza de Gres e de Ledesma tentou frear o avance francés cara a Vigo a través da ponte de nove arcos. E por esa ponte cruzaron, durante séculos, os produtores de aceite de Quiroga cara a Compostela.
Hoxe, esa unión segue viva non só na recreación que fan desa batalla os veciños e os que somos"fillos adoptivos' das dúas ribeiras do río, pero en agosto, senón no día a día das súas xentes. Ao pé do Ulla residiron Xosé Neira Vilas e Anisia Miranda, que con frecuencia cruzaban a ponte para visitar a familiares e amigos que xa eran de terras coruñesas. Esa unión foi a protagonista dunha xornada de convivencia que compartiron este luns o alumnado do IES Marco do Camballón, do casco urbano de Vila de Cruces, cos estudantes do instituto Perdouro, do concello lugués de Burela. Se a pasada semana a mocidade cruceña coñeceu en Burela o quefacer de redeiras e mariñeiros, e visitou ademais o Barco Museo da Vila, a programación en Gres permitiu disfrutar dun roteiro para coñecer a inspiración de Neira Vilas na terra na que naceu e morreu. Numerosos "Balbinos e Balbinas" explicáronlles aos seus convidados detalles da Casa do Romano (onde residiu o matrimonio de escritores), do Pazo do Marqués, do aserradoiro, da propia ponte ou da área recreativa das Insuas de Gres.
Varias parroquias de Cruces (Gres non, pero si Salgueiros, Merza ou Piloño) gardan a tradición do Entroido da Ulla, así que o estudantado de Burela só podía ser recibido dunha maneira: coas coplas de benvida dos Xenerais, que co paso do tempo transformaron o enfrontamento bélico entre o exército francés e os veciños do Ulla nunha loita dialéctica. Víctor García Piñeiro, arqueólogo, encargouse de explicar cómo fora a batalla de hai 200 anos, amosando armas da época. Seguro que máis dun estudante de Burela ha volver a Gres. Todos os que imos unha vez, repetimos.
Suscríbete para seguir leyendo
- Urgencias del hospital Álvaro Cunqueiro habilita una zona específica para pacientes de salud mental
- Condenan a la CIG a pagar 15.000 euros a una trabajadora por negarle la reducción de jornada para el cuidado de sus dos hijos
- El Concello de Cangas coloca grandes piedras en la zona de playas para impedir el aparcamiento de turismos y autocaravanas
- Povisa ficha al doctor Manuel Ruibal para impulsar la cirugía robótica con el sistema Da Vinci Xi
- Povisa sufre su mayor fuga de usuarios con casi 8.000 solicitudes de salida en el mes de elección de hospital
- El Celta arrancará la próxima temporada con más espectadores en las gradas de Balaídos: el Concello de Vigo anuncia una importante novedad en el estadio
- Los estudiantes que hicieron el examen de Historia de España, en la que hubo problemas, pueden respirar tranquilos: los correctores serán «flexibles»
- Profand deja ver por fin el viejo Banco de Galicia: la joya de Pacewicz reaparece en pleno centro de Vigo
