Saltar al contenido principalSaltar al pie de página

Letras Galegas

Lalín estrea os actos coa presentación dun libro sobre Laxeiro

¿Ya nos sigues?Márcanos como medio preferente
Añádenos en Google

redacción

Lalín

A programación municipal Lalín nas Letras 2026 arranca o venres coa presentación do libro Os camiños de Laxeiro. A obra, editada por la Real Academia Galega de Belas Artes, será presentada ás 20.00 horas no museo Ramón Aller e céntrase nun percorrido biográfico e espazos que marcaron a vida do autor: Deza, Vigo e Pontevedra.

O sábado ás 13.30 horas a Banda de Vilatuxe ofrecerá o concerto das Letras Galegas no Kilómetro 0, aínda que en caso de chuvia será nunha localización alternativ. Ese mesmo día, pero ás 18.30, a compañía de títeres Cachirulo representará na Praza da Igrexa a obra Xela e o dragón. E no mesmo espazo público, anque ás 21.30 horas, será o concerto de Tiam GZ.

Xa o domingo terá lugar o Serán das Letras, unha das propostas máis destacadas desta programación, tamén localizada na Praza da Igrexa. Con postos de librarías xa na véspera, os actos arrancarán las 11.00 cun obradoiro de baile galego a cargo de Xisco Feijoo, artista que ofrecerá un concerto ás 13.00. Logo do xantar, ás 17.00, haberá actuacións de grupos locais de música tradicional. A festa rematará a partir das 20.00 horas con máis música.

Tracking Pixel Contents