Educación
Agolada aprende fóra das súas aulas
As clases de cuarto a sexto acoden á xornada "O oficio de producir", vinculada ao audiovisual galego, e os estudantes de primeiro saen á feira a gravar un programa de radio

Javier Lopa e Ricardo Martínez, con alumnado do colexio de Agolada. / Bernabé / Javier Lalín

A Asociación Galega de Produtoras Independentes, Agapi, comezou este martes na Agolada o ciclo de xornadas educativas "O oficio de producir". Esta iniciativa, que nas vindeiras semanas se vai presentar en centro educativos de Baiona, Ponteareas ou Campo Lameiro, tenta achegar ás xeracións máis novas o funcionamento das produtoras audiovisuais. Javier Lopa, de Undodez, explicoulles onte aos alumnos e alumnas de cuarto a sexto de Primaria do colexio agoladés cómo é todo o proceso dende que existe un guión e comezan as localizacións para a rodaxe ata que se pode distribuir a curtametraxe ou película en cines e plataformas dixitais, ademais da súa participación en festivais. A esta primeira sesión na Agolada acudiu a portavoz do PP local, Carmen Seijas, así como o deputado provincial Ricardo Martínez.
E mentres o alumnado de máis idade deste colexio valoraba se nun futuro quere adicarse ou non ao mundo audiovisual, os de primeiro curso afirmaban estar "un pouco nerviosos" porque, acompañados por dúas mestas, ían visitar a feira do 12. Xa teñen estado neste mercadiño ambulante, pero nesta ocasión e acompañados por un micrófono, ían entrevistar tanto a vendedores como a clientes para saber qué produtos están á venta ou se os veciños acoden á feira para dar un paseo e socializar, máis que para mercar. Este proxecto, "Agolaín", está vinculado á biblioteca e vailles axudar moito á rapazada a perder o medo a falar en público.
- Giro del Supremo con los proyectos eólicos paralizados: el tribunal ya no garantiza el derecho a conectarse a la red
- Un vigués pide el indulto para su hermana, condenada en A Lama a seis años de prisión y diagnosticada de TEA tras los hechos
- Galicia pierde casi dos décimas en la primera PAU más competencial y su alumnado se estanca en el furgón de cola
- El pesquero gallego «Pepe Barreiro» queda encallado tras un incidente subiendo a la grada del astillero J. M. Armada
- Proyecto inversor de Nueva Pescanova: negocia la compra del «Olupale» para Namibia y jubila al histórico «Mar del Cabo»
- Wizz Air, la aerolínea que reina en Europa del Este y elige Vigo para estrenarse en Galicia: éste sería el coste de la ruta a Londres
- Tiran droga por la ventana del coche en una huida temeraria de 15 kilómetros en la A-52
- Así será el futuro hotel balneario de As Caldas, con categoría 5 estrellas, vistas al Miño, servicios de salud termal, ocio y restauración