Unha preparación á altura
O longo camiño de Tequexetéldere cara Lorient
O Festival Interceltique de Lorient está considerado o festival máis importante do mundo celta. Para a ocasión, Tequexetéldere contará con catorce parellas de baile, que levarán á escena unha escolma de investigacións etnográficas, nunha viaxe polas terras da Estrada e de Galicia.

Lois Docampo
Si, non queda nada. En menos de tres meses a agrupación estradense Tequexetéldere partirá cara a terras francesas coa delegación galega do Festival Interceltique de Lorient. Como xa se fixo público hai varias semanas, neste ano 2026 a agrupación estradense ten o orgullo de ser a seleccionada para representar a Galicia na 55ª edición deste festival, considerado o maior festival do mundo celta. Este evento estará dedicado este ano á rexión de Cornualles e celebrarase do 31 de xullo ao 9 de agosto.
Será o 29 de xullo cando a expedición estradense poña rumbo a Francia para ter todo preparado para a súa estrea o día 1 de agosto. Desde Tequexetéldere recoñecen que se trata dunha «gran honra á vez que unha gran responsabilidade», da que son plenamente conscientes. A importancia do reto que teñen por diante fai que estean traballando arreo co fin de deixar o mellor sabor de boca en terras francesas, dignificando o folclore galego. Farano cunha proposta que levarán a cabo nas súas actuacións en terras francesas, fundamentándose «nunha representación variada, amosando a nosa riqueza cultural cunha viaxe polas terras da Estrada e Galicia».

Os integrantes de Tequexetéldere, durante un ensaio. / FDV_Externas
Todo este traballo estase manifestando nos numerosos ensaios que as distintas seccións de Tequexetéldere están levando a cabo nos últimos meses. Desde o mes de abril os ensaios están sendo máis numerosos e intensivos. A ocasión meréceo e a cantidade de material etnográfico que levarán para representar nos escenarios de Lorient precisa de moitas horas de preparación.
Desde hai meses a sección de baile concéntrase no pavillón do CEIP de Figueiroa, xa que precisan dunhas instalacións de dimensións maiores que as do teatro municipal —lugar onde adoitan ensaiar—, pois no espectáculo Horizontes Celtas, que se leva a cabo durante cinco noites, presentarán unha montaxe con catorce parellas de baile.
A todo isto hai que sumarlle que terán diversas actuacións ao longo do festival de ata unha hora de duración, ademais de impartir algunha master class, participar no Gran Desfile das Nacións Celtas, que ten unha duración dunhas tres horas… En definitiva, aínda queda moito traballo por diante para chegar a finais de xullo con todo perfectamente engraxado.
Así mesmo, os compoñentes das seccións de pandeireteiras e do corpo instrumental levan tempo traballando e ensaiando para ter listas todas as montaxes e adaptacións que foron seleccionadas para o festival.

Ensaiando no colexio de Figueroa para ter máis espazo / FDV_Externas
É un traballo de moitas horas de preparación, ensaio e reunións dos directores de cada sección, «todo co fin de chegar no verán a terras francesas para desfrutar, agradar e deixar o folclore da nosa terra cun bo sabor de boca, mostrando o labor de investigación realizado por toda a nosa xeografía, base da súa escenografía e fonte de transmisión nas actuacións e espectáculos etnográficos que representa a agrupación», afirman.
Tequexetéldere apostará por levar á escena unha escolma das diferentes investigacións etnográficas recompiladas nas catro provincias galegas. «A programación da agrupación ten por obxecto realizar unha homenaxe ao baile e á música tradicional nas Terras de Tabeirós, compaxinando as súas ruadas coa riqueza de costumes e folclore noutras vilas e aldeas galegas. Os Sons da Ulla teñen un oco nas nosas representacións, marcando a importancia de enxalzar a súa tradición e amosando a riqueza no seu danzar en concellos como o da Estrada».

Un ensaio no Teatro Principal / FDV_Externas
A expedición de 46 integrantes de Tequexetéldere ten por diante algo máis de dous meses para deixar todo preparado, sumando a todo este traballo as actuacións que terán nos vindeiros meses, como a do próximo sábado desde as 19.30 horas no festival de folclore do Salmón, a Rapa das Bestas de Sabucedo xa no mes de xullo e outras máis que servirán para afinar pernas, pandeiretas e instrumentos de cara á gran cita deste verán.
Nova imaxe diseñada por Rosa de Cabanas

Novo diseño para Lorient / FDV_Externas
Por outra banda, a agrupación presenta a súa nova imaxe, que utilizará en camisetas e chándales que estreará en Lorient e para toda a promoción dos vindeiros meses en cartelaría e redes sociais. Como é costume en Tequexetéldere, confiaron na ilustradora local Rosa de Cabanas para levar a cabo un traballo tan especial. O deseño que Tequexetéldere lucirá na roupa de paseo que utilizará no Festival de Lorient materialízase nunha ilustración que busca a expresividade mediante cores planas e baleiros que se integran co fondo negro, nun estilo que Rosa de Cabanas utiliza en moitos dos seus traballos, sobre todo nos que están pensados para a súa reprodución sobre soporte téxtil.
As protagonistas son as figuras de perfil dun mozo e unha moza que poden ser bailadores pero tamén músicos, e que portan elementos tradicionais inspirados nos traxes de festa, propios para un evento como Lorient. Ela viste un pano en tonos vermellos e el unha monteira, que ademais garda un pequeno xesto ao país convidado na edición deste ano do festival, xa que o seu estampado está inspirado no breixo de Cornualles, arbusto emparentado con carrouchas ou uces que abundan nos nosos montes.
- Aparece, en perfecto estado, la joven que la Policía de Moaña buscaba desde la noche del martes
- Los estudiantes que hicieron el examen de Historia de España, en la que hubo problemas, pueden respirar tranquilos: los correctores serán «flexibles»
- De jugar en el Celta de Vigo a emprender juntos: Dos jóvenes gallegos impulsan cultura, tecnología y responsabilidad social con Zona Norte Podcast
- Buscan a una joven de 19 años de Moaña desaparecida desde el martes
- Alumnos de colegios privados en Galicia obtienen mejores expedientes y notas de acceso a la universidad
- Las K9 eléctricas llegarán más lejos: Stellantis planea una nueva evolución para las baterías de las furgonetas viguesas
- El peaje de la selectividad sobre el expediente en Galicia: el alumnado de sobresaliente se reduce a la mitad tras la prueba
- La exmujer del agente FIFA Toni Otero acepta dos años de cárcel y deberá devolver casi 400.000 euros