Lingua galega
Neves Rodríguez lerá o pregón das Letras Galegas na Estrada o 17 de maio
O acto institucional das Letras Galegas na Estrada adiantarase unha hora e celebrarase xunto ao monólito de Marcial Valladares Núñez, único estradense homenaxeado

Neves Rodríguez será a pregoeira tomando o relevo da estradense María Corral. / FDV_Externas
A comunicadora, actriz e presentadora Neves Rodríguez será a encargada de ler este ano o pregón das Letras Galegas en A Estrada, nun 17 de maio que coincidirá ademais coa celebración da Festa do Salmón. A condutora do programa “É de mañá” de Radio Estrada protagonizará o acto institucional co que o municipio renderá homenaxe á escritora e xornalista Begoña Caamaño, figura homenaxeada este ano polas Letras Galegas.
Rodríguez asegurou sentirse “honrada” pola súa elección como pregoeira e destacou o compromiso cultural e lingüístico da Estrada, subliñando a importancia de coidar a lingua galega e de proxectar cara ao futuro o legado de Begoña Caamaño.
O pregón celebrarase ás 11.00 horas, adiantando unha hora o seu horario habitual, e terá lugar xunto ao monólito de Marcial Valladares Núñez, único estradense homenaxeado ata o de agora coas Letras Galegas. O acto contará co acompañamento musical da Banda de Gaitas de Barbude, coa intervención do alcalde Gonzalo Louzao e cunha ofrenda floral que rematará coa interpretación do Himno Galego.
Neves Rodríguez toma o relevo da estradense María Corral, pregoeira en 2025 nunha edición dedicada ás cantareiras. Corral puxo en valor o papel das mulleres na transmisión da cultura popular. Agora, Rodríguez recolle esa testemuña institucional nun contexto no que A Estrada reforza o compromiso coa lingua e coa programación cultural en galego.
Narración oral
A programación complétase co espectáculo “As mil e unha”, de Vero Rilo e Luis Iglesias, unha proposta de narración oral e música baseada no legado de Begoña Caamaño. A peza combina historias, emoción e memoria para reivindicar a tradición oral e a defensa das voces silenciadas. Dirixida a público familiar, terá lugar este xoves ás 19.00 horas no Teatro Principal, con entrada de balde.
- Los estudiantes que hicieron el examen de Historia de España, en la que hubo problemas, pueden respirar tranquilos: los correctores serán «flexibles»
- Se abre uno de los carriles de la AP-9 en Mos donde volcó un camión cisterna con 32.000 litros de gasóleo
- Más de 270.000 inmuebles gallegos deberán adaptarse a las exigencias de eficiencia energética de la UE
- La pesca de recreo sostiene ante el Supremo que el sistema de control español es «más gravoso» que el modelo de la UE
- Un hombre de 76 años fallece de un infarto mientras paseaba por el centro de Bueu
- El coro del colegio Cluny de Vigo emociona a Abraham Mateo con su versión de 'Lánzalo': «Se me metió algo en el ojo»
- 500 paraguas en 30 m²: seis décadas de los Rodríguez en Vigo
- El comercio del metal de Pontevedra planea cuatro días seguidos de huelga