Audiovisual galego
Tras gañar un Webby Award, Brais Revaldería anuncia un novo documental sobre a Rapa das Bestas
O director e produtor lucense recolleu o premio en Nova York, onde destacou o peso internacional destes galardóns

O director na gala de premios. / Cedida
O director e produtor lucense Brais Revaldería prepara unha curtametraxe documental a partir do universo de ‘Fillos do Vento: A Rapa’, a historia inmersiva centrada na tradicional Rapa das Bestas de Sabucedo que vén de recibir un recoñecemento internacional nos Webby Awards, considerados os Óscar de Internet.
Neste senso, o novo proxecto audiovisual atópase xa en fase de posprodución e constrúese a partir do abundante material gravado durante anos en Sabucedo. Segundo explica o propio Revaldería, «a idea é facer unha curtametraxe de cinema tradicional mantendo o mesmo universo de Fillos do Vento: A Rapa».
Cómpre lembrar, ademais, que o anuncio chega despois de que a proposta inmersiva recibise o People’s Voice Webby Award á mellor historia inmersiva na 30ª edición dos Webby Awards, un galardón decidido por votación popular entre milleiros de candidaturas internacionais.
De feito, Revaldería recolleu o premio este luns na gala oficial celebrada no Cipriani Wall Street de Nova York, un dos grandes encontros internacionais vinculados ao ámbito dixital e audiovisual. O director asistiu acompañado por María Fernanda Ordoñez Morla, codirectora e produtora artística da obra, despois de participar tamén no Beijing International Film Festival, celebrado na cidade chinesa de Beijing.
Así mesmo, o director lucense destacou a relevancia internacional destes premios e mostrouse agradecido polo recoñecemento recibido. «Os Webby Awards teñen moitísimo peso internacional e simplemente estar alí xa é moi difícil», sinalou.
‘Fillos do Vento: A Rapa’ é o resultado de sete anos de gravacións nas montañas de Sabucedo, onde cada verán se celebra un dos rituais máis singulares de Europa. A proposta documenta a relación entre os veciños e os cabalos salvaxes mediante unha proxección panorámica de 270 graos, imaxe en 8K e son espacial.
Por outra banda, a obra inmersiva iniciou o seu percorrido internacional no Marché du Film do Festival de Cannes e pasou tamén polo Festival de Cine Europeo de Sevilla e o SXSW de Austin, en Texas, dentro da categoría XR Experience Spotlight.
Para máis información sobre o proxecto está dispoñible a páxina web oficial e o perfil de Instagram de ‘Fillos do Vento: A Rapa’.
- Una boda celtista hasta las lágrimas: la sorpresa de Iago Aspas y Claudio Giráldez que emocionó a Valeria y Alberto
- Las playas de Vigo empiezan a vaciarse
- Diez carreras gallegas exigen más de un 12 para entrar en la universidad
- El perro más bello del mundo es de Vigo y se llama Hugo Boss: «Lo mejor que tiene es la expresión de la cara, es precioso»
- El comercio local de Vigo, en contra de la apertura de supermercados domingos y festivos: «Es competencia desleal»
- Muere un motorista en un accidente en Barro
- La gallega Tatiana Badiola de 33 años, entre las primeras beneficiadas por las ayudas de la ley ELA: «Ahora empieza otro desafío; convertir ese derecho en cuidados reales»
- Aduanas incorporará a su base de Vigo una patrullera de casi 40 metros incautada el pasado verano en el Estrecho