Dinamización rural
As 27 musas do centro cultural Vista Alegre
A asociación de A Bandeira mantén aberta ata o 12 de xuño unha exposición con creadores da comarca e que se complementa durante os vindeiros días con presentacións de libros, conferencias e xogos infantís
Numerosos veciños arrouparon a inauguración da mostra, con creacións de artistas de distintas idades. / Bernabé/Javier

Maio pode ser sinónimo do Festival de Eurovisión (ainda que España non participe nel), de celebracións en torno ás Letras Galegas e, cada catro anos, eleccións municipais. Pero desde hai nove, o calendario deste mes conta cun atractivo moi consolidado en Silleda e nos municipios veciños. Falamos de Dezarte, a exposición artística con creadores e creadores de Deza e Tabeirós-Montes que sirve de inauguración da Semana Cultural que organiza o Centro Cultural Vista Alegre da Bandeira que, por certo, neste 2026 cumpre 40 anos.
Nesta edición participan 27 creadores. Para algúns deles, como a lalinense Olalla Garra, é a primeira vez. E tamén se estrea como artista de Dezarte a que fora presidenta da asociación cultural, Dolores Sangiao, que ademais será nomeada socia de honra o venres, ás 20.00 horas nun evento no que actuará Manoele de Felisa e que servirá para pechar esta Semana Cultural. Pero voltemos a Dezarte, onde o elenco de creadores inclúe a José Luis Abeledo, Bibi; Teresa Bascuas; Hugo Codesido Fernández; Manuel Fernández Crujeiras, Cruxeiras; José Antonio Fondevila; María Gandásegui; José Manuel Boris Cuinha; Teté Balboa; Amalia López Brea, Luchi; Evaristo López Calvar; Xoelia López Rivas; Marisa Miguélez; Adriana Rey; Cecilia Sanmartín; Alfonso Santomé; José Antonio Santomé; Carlos Santos; Ángel Utrera; Jesús Varela; Sarai Varela Louzao; Cristina Verde Valladares; Germán Vilariño; Josefina Villanueva Rey e María Villanueva Rey. As súas propostas poden contemplarse ata o 12 de xuño.
Para este martes, ás 20.00 horas quen desexe ver a exposición pode aproveitar para quedarse á presentación do libro 'Niño de barrio y su metamorfosis', escrito por Esteban Giménez. Ao remate, actúa o cuarteto de clarinetes da Banda Recreativa e Cultural da Bandeira.
- La gallega Tatiana Badiola de 33 años, entre las primeras beneficiadas por las ayudas de la ley ELA: «Ahora empieza otro desafío; convertir ese derecho en cuidados reales»
- El personal del Meixoeiro, en taxi a trabajar
- Muere a los 78 años María Isabel Fraga, la hija de Manuel Fraga Iribarne, durante un viaje humanitario en Madagascar
- La Xunta acelera, con varios camiones, la mudanza de la Casa do Mar al nuevo centro de salud de Moaña que abre sus puertas el lunes
- ¿Regreso de Citroën al Celta? Stellantis vuelve a patrocinar al mundo del deporte
- David Lago, alumno de Redondela con una de las mejores notas de la PAU en Galicia (9,75): «A mí lo que me gusta es resolver problemas»
- Una mujer de Vilanova de Arousa busca en Cangas a la familia de la hija que su abuelo tuvo fuera del matrimonio
- Muere un motorista en un choque con una furgoneta en la A-52 en Ribadavia
