Saltar al contenido principalSaltar al pie de página

Medio ambiente

Lalín acolle a proxección de ‘Quen contamina A Limia?’

Redacción

Lalín

O salón de actos da biblioteca de Lalín acolle este venres 8 de maio, ás 19 horas, a proxección do documental Quen contamina A Limia?. Contará coa presenza de Diego Freire, de Noticias Dispersas, e Alfonso Cid, de Radio Liverdade.

A iniciativa busca abrir unha reflexión sobre o modelo gandeiro e as consecuencias ambientais que pode ter para Deza a proliferación de explotacións intensivas. Segundo Stop Biometano Deza, o territorio debe «mirarse no espello da Limia» para evitar problemas como a contaminación por nitratos en solos e augas, a presenza de cianobacterias nos encoros ou a perda do modelo tradicional de gandería extensiva. A proxección pretende informar á veciñanza e reclamar medidas preventivas ás administracións competentes antes de que a situación ambiental poida agravarse.

Tracking Pixel Contents