Saltar al contenido principalSaltar al pie de página

Festa tradicional

Basadroa acolle o 6 de xuño unha foliada con xogos e música

Redacción

Agolada

A escola de Basadroa, no municipio de Agolada, será o punto de encontro o sábado 6 de xuño dunha nova foliada, unha cita aberta á veciñanza para compartir música, baile e troula.

A festa comezará ás 16.30 horas coa xuntanza no recinto escolar e continuará ás 17.00 con xogos populares. Ás 18.30 chegará a actuación de títeres e, ás 19.00, desenvolverase un obradoiro de baile tradicional de iniciación. O programa pecharase ás 20.00 con actuacións musicais. Despois haberá foliada libre, polo que a organización anima a traer instrumento e ganas de participar. A actividade conta coa colaboración do Concello de Agolada e busca manter viva a tradición oral e festiva da parroquia.

Tracking Pixel Contents