Saltar al contenido principalSaltar al pie de página

Día das Letras Galegas

A Banda de Música de Agolada ofrece un concerto sobre a emigración

Conta coa colaboración da Escola Municipal de Artes Escénicas da Estrada

Actuación da Banda de Agolada durante as festas do ano pasado.

Actuación da Banda de Agolada durante as festas do ano pasado. / Bernabé/Javier Lalín

Salomé Soutelo

Salomé Soutelo

Agolada

A Banda de Música Municipal de Agolada continúa coa súa programación 'O sentir da música'. Este sábado, a partir das 20.30 horas no auditorio Manuel Costa Casares ofrece un concerto polo Día das Letras Galegas que leva por título 'Carme, sempre túa'. A formación que dirixe Adrián Pazos tocará unha peza composta por Simón Couceiro e con texto orixinal de Manuel Brey, inspirado na historia de Carme, Manuel e o seu fillo Xesús. A banda conta coa colaboración da Escola Municipal de Artes Escénicas da Estrada. Actuarán durante a función Silvia García, Abel Eiras e Mateo Pereira.

Tracking Pixel Contents