Tribuna libre
Unha estrada imprescindible
Xesús Palmou
Como estradense de adopción pero tamén de corazón, domiciliado nesta vila dende hai case 50 anos, sempre, na miña actividade profesional e política tiven presente a esta terra, ás súas xentes e ás súas necesidades. Así aconteceu coa creación da Fundación de Exposicións e Congresos, a Academia Galega de Seguridade Pública e a construción da autovía.
Cando naquela época propuxemos á administración competente a construción dunha variante da estrada nacional 640, que liberase do centro da vila o intenso tráfico que dende a provincia de Lugo se dirixe cara a costa de Pontevedra e lugares intermedios, non me podía imaxinar que 25 anos despois a devandita variante nin está nin se lle espera, e elo a pesar de que, en máis dunha ocasión, representantes da administración competente acolleron con visible interese esta necesidade.
Non pretendo, con esta xusta reivindicación, facer crítica política xa que en todos estes anos, a administración competente ten cambiado de cor política en máis dunha ocasión. Pretendo, como estradense, deixar patente unha vez mais a necesidade de acometer unha obra absolutamente necesaria que poña fin as incomodidades e riscos dos estradenses para cruzar esta vía, nos seus mais de 2 quilómetros polo casco urbano e o mesmo centro dunha vila de case dez mil habitantes.
Un traxecto que conta con 10 pasos de peóns con semáforos e 6 sen semáforos, dous dos cales cruzan dende a praza do Concello ao outro lado no que se atopa o Teatro Principal. Son estes os pasos sen dúbida mais concorridos e tamén con mais risco para a cidadanía, como poñen de manifesto os varios atropelos acontecidos, en algún caso, con resultado de morte do peón.
Unha situación que, como xa dixen, causa grave incomodidade e risco os peóns, pero tamén aos condutores do intenso tráfico que circula e que chama a atención, especialmente se temos en conta que as dúas vilas con poboación semellante, anterior e posterior, Lalín e Caldas de Reis, contan, dende fai anos, con vías de circunvalación que liberan o tráfico na zona urbana.
Deixando patente unha vez mais a ausencia de calquera intencionalidade político partidario nas miñas manifestacións, coido que xa é hora de que as veciñas e veciños de A Estrada, ao marxe da nosa ideoloxía ou militancia política, sempre respectable, esixamos, dende os ámbitos persoal e institucional, de xeito contundente, á Administración competente que poña fin a esta situación.
- Sin tren entre Vigo y Santiago a causa de un hombre subido a la catenaria, en Vilagarcía
- Argentina autoriza la entrada masiva de pesqueros extranjeros por el temporal: flota gallega, a la capa para protegerse
- La factura del jabalí: resembrar una hectárea de maíz cuesta más de 900 euros
- El Celta, un paso más cerca de Europa
- Adrián Senar, CEO de Kreios Space: «En dos años necesitaremos 2.000 o 3.000 metros cuadrados más para empezar a producir»
- Cae parte del techo del parking del Eroski de la avenida Portanet, en Vigo
- Una autovía en pleno Vigo: 'pillado' a 124 km/h en una carretera limitada a 50 km/h
- El Concello de Vigo encarga la primera fase de la ampliación de Tribuna y pide colaboración económica: «No hay excusas»