Educación
A comunidade educativa da Estrada mobilízase o 6 de maio
Familias, profesorado e estudantes dos centros locais saen á rúa para demandar melloras no servizo educativo por parte da Xunta
Redacción
A comunidade educativa da Estrada, formada por familias, profesorado e alumnado, convoca á veciñanza a participar nunha manifestación este mércores 6 de maio, co obxectivo de denunciar a situación crítica que atravesa o ensino público nos centros educativos do concello e reclamar medidas urxentes que garantan unha educación de calidade.
A mobilización, que sairá ás 19:00 horas da Praza do Mercado e percorrerá varias rúas, pretende visibilizar unhas deficiencias que, segundo os colectivos organizadores, comprometen o dereito do alumnado a unha formación equitativa e adaptada ás súas necesidades. O mesmo acto reivindicativo terá lugar de xeito simultáneo noutras 25 localidades de toda Galicia, entre elas Vila de Cruces
Entre os principais problemas sinalados atópase a insuficiencia de recursos humanos, xa que en determinados centros hai unha única orientadora para arredor de 500 estudantes ou unha profesora de Pedagoxía Terapéutica a tempo parcial, mentres permanecen sen cubrir prazas de persoal coidador, o que dificulta de maneira significativa a atención á diversidade.
Así mesmo, denuncian a existencia de importantes desequilibrios entre centros derivados dunha planificación insuficiente, posto que mentres algúns presentan aulas masificadas, noutros a baixa matrícula ameaza a súa continuidade, situación agravada pola supresión da ESO no IES Antón Losada Diéguez sen unha avaliación previa dos seus efectos.
Por outra banda, a comunidade educativa alerta do deterioro das infraestruturas, xa que moitos centros contan con instalacións obsoletas, deficiencias de mantemento e espazos que non reúnen condicións axeitadas para o proceso educativo, o que afecta directamente ao benestar do alumnado.
Por todo isto, e ao mesmo tempo que se reclama a creación dun Consello Escolar Municipal que permita mellorar a coordinación educativa, a convocatoria conta co apoio de numerosas ANPAS, sindicatos e colectivos, que tamén participarán en mobilizacións simultáneas noutras localidades.
Finalmente, as entidades organizadoras fan un chamamento á cidadanía para que participe activamente nesta xornada de protesta, coa fin de defender unha educación pública digna, equitativa e con recursos suficientes para garantir o futuro da mocidade estradense.
- Adrián Senar, CEO de Kreios Space: «En dos años necesitaremos 2.000 o 3.000 metros cuadrados más para empezar a producir»
- Sin tren entre Vigo y Santiago a causa de un hombre subido a la catenaria, en Vilagarcía
- La factura del jabalí: resembrar una hectárea de maíz cuesta más de 900 euros
- El Celta, un paso más cerca de Europa
- Argentina autoriza la entrada masiva de pesqueros extranjeros por el temporal: flota gallega, a la capa para protegerse
- Cae parte del techo del parking del Eroski de la avenida Portanet, en Vigo
- Una autovía en pleno Vigo: 'pillado' a 124 km/h en una carretera limitada a 50 km/h
- El Concello de Vigo encarga la primera fase de la ampliación de Tribuna y pide colaboración económica: «No hay excusas»