Camiños Atlánticos
México, namorado das gaitas galegas
A Banda de Gaitas de Forcarei celebrou onte un concerto na cidade de Morelia, onde conseguíu encher as 2.500 localidades dispoñibles para o acto ao aire libre. Un éxito que a propia organización tildou de «apoteósico» e que constata a capacidade da música tradicional galega para tender pontes entre territorios

FDV
A Banda de Gaitas de Forcarei, en colaboración con MusicGlam, vén de protagonizar un dos maiores éxitos da súa traxectoria internacional tras a súa actuación en Morelia (México), onde ofreceu un concerto de música tradicional galega que conquistou por completo ao público asistente.

Pasarrúas previo entre Praza de Valladolid e a Catedral de Morelia. / Cedida
Máis de 2.500 persoas enchían o espazo do evento, nunha xornada que superou todas as expectativas e que destacou tanto pola calidade musical como pola emoción compartida entre artistas e espectadores, o que evidenciou o forte impacto da proposta cultural galega. De feito, unha hora antes do inicio xa non quedaban localidades dispoñibles, circunstancia que amosa o enorme interese xerado pola actuación.
A programación comezou cun animado pasarrúas que percorreu o traxecto entre a Praza de Valladolid e a Catedral de Morelia, enchendo as rúas de sonoridades do folklore galego. Deste xeito, o ambiente festivo foi medrando ata converter a cidade nun escenario aberto que anticipaba o éxito do concerto principal.
O impacto da actuación, ademais, continuará hoxe domingo cun novo concerto no Teatro Matamoros, onde as entradas levan esgotadas desde hai máis de dúas semanas, o cal ratificando de novo a excelente acollida da formación galega na cidade e o forte vínculo creado co público mexicano.
Por outra banda, os organizadores calificaron o resultado de «apoteósico» e destacaron a conexión especial acadada entre a banda e os asistentes, ao tempo que sinalaron: «Aínda estamos moi emocionados polo ocorrido», subliñando así a intensidade dunha experiencia que, segundo afirman, quedará gravada na súa memoria.
Este éxito en México non é un feito illado, senón que se enmarca nunha traxectoria consolidada. A Banda de Gaitas de Forcarei chega a esta xira internacional tras unha longa andaina tamén no seu territorio de orixe. O pasado 12 de abril, o Festival de Música Tradicional de Forcarei celebrou en Soutelo de Montes a súa undécima edición, coincidindo coas dúas décadas da formación. Nesa ocasión participaron figuras como José Antonio Vidueiros, fundador da banda, ademais de agrupacións como MusicGlam ou as Pandereteiras Lus de Kelkoa.
Finalmente, a Deputación de Pontevedra, a través do seu presidente Luis López, xa salientara entón o papel da agrupación na difusión da cultura galega e no proxecto internacional «Camiños Atlánticos», que facilita a súa presenza en México.
Este novo fito consolida a proxección internacional da Banda de Gaitas de Forcarei e reafirma, unha vez máis, o valor universal da música tradicional galega.
Suscríbete para seguir leyendo
- No cojas pájaros del suelo: la Sociedad Española de Ornitología recuerda lo que debes hacer si encuentras una cría fuera de su nido
- Dos jóvenes de Cangas denuncian por estafa al propietario del piso que habían alquilado en la villa
- El puzle para crear una nueva gran zona residencial protegida en Vigo encaja otra de sus piezas: la Xunta somete a evaluación ambiental un segundo PIA en Lavadores
- Los chiringuitos baten otro récord en Nigrán: más de 16.000 euros al mes en Panxón y Praia América
- El metal vuelve a salir a la calle en Vigo: estas son las zonas afectadas por la manifestación de este miércoles
- La Audiencia mantiene la paternidad de un vigués aunque el ADN dice que no es su hijo
- Denuncia al exnovio de su hija por la okupación de su casa y su bajo comercial para abrir un negocio en Moaña
- Muere el patrón de una embarcación de recreo en Chapela al caer al mar, mientras su lancha seguía navegando sin rumbo