Saltar al contenido principalSaltar al pie de página

Día das Letras en Silleda

Berrobambán abre a programación cunha peza sobre Begoña Caamaño

redacción

Silleda

O Concello de Silleda comeza este xoves, 8 de maio, a programación das Letras Galegas 2026 bautizada como «A palabra rebelde». A primeira das actividades será a representación teatral «Begoña Caamaño: o transgredir das ondas», a cargo da compañía Berrobambán e con texto de Paula Carballeira. A función comezará ás 20.00 horas no salón de actos do consistorio. O argumento afonda na faceta xornalística da escritora así como nos valores que marcaron a súa obra: a igualdade, a libertade de expresión e o compromiso social.

Anulado o obradoiro

Por outra banda, queda suspendido o obradoiro de esritura creativa ‘A palabra rebelde. O fanzine como ferramenta de expresión’ previsto para este sábado, día 2, debido a que non se acadou o número mínimo de inscripcións.

Tracking Pixel Contents