Ao pé do farelo
Tempos modernos nun mundo de vellos inútiles

Tempos modernos nun mundo de vellos inútiles
Ángel utrera baza
Recordan a película aquela dos irmáns Coen de hai uns anos ‘Non é país para vellos’? Pois iso mesmo, se mo permiten, parafraseando o título do filme, podíamos dicir agora e falar de que «non é mundo para vellos», e cada vez menos, este no que nos tocou vivir.
Tempos modernos dos que falaba Chaplin naquela outra visión futurista da sociedade, na que, sobre todo, nas máis desenvolvidas de Europa e de Occidente, os maiores, maioría e cada vez máis, dadas as taxas de natalidade ridículas, condicionamos as políticas pensadas para nós pero sen nós e case que se nos considera coma inútiles, unha carga, unha molestia.
Regresando dunha pequena escapada duns días por eses mundos de Deus, traio na mochila a desagradable sensación de que cada vez resulta máis difícil camiñar entre os labirintos da tecnoloxía, os intereses das compañías de aviación, e o mundo virtual, nos que os móbiles, as tablets e os ordenadores resultan imprescindibles para chegar a bo porto.
Francamente, penso que non é normal que para tomar un voo en calquera compañía de aviación, teñas que ter móbil, e nalgunhas sexa imprescindible ter descargada a aplicación, a famosa app, porque no caso contrario non terás acceso á túa carta de embarque, nin poderás facturar a túa maleta, xa que resulta imprescindible facelo on line, e non hai persoal nin forma humana de facelo, se non é pola rede.
Tampouco entendo que determinadas operacións bancarias teñan que realizarse inescusablemente a través dun caixeiro, ou coa banca electrónica, e que se vas a túa oficina bancaria de sempre che poñan cara de póker e te manden para fóra, ao caixeiro, e ti calas, e pagas comisións disto ou daquilo, ata o infinito e moito máis. Frustrante, dende logo.
Pero o peor de todo este mundo virtual de redes, nas que permanecemos atrapados coma peixes, é que todo resulta ser legal e o goberno mesmo o permite, aínda que, por outra banda, nos tranquiliza con mensaxes nos que nos aseguran que non nos vai atender unha máquina cando chamamos para concertar a cita do médico, ou de que non vai ser obrigado entenderse cun aparello mecánico nunha parede de pedra do banco e que non imos ter que botar nós mesmos a gasolina e o gasoil do coche, co perigo que supón manipular estes surtidores e sen personal a quen dirixirse, e moito menos van permitir as imposicións das compañías de aviación, e tantas e tantos que estamos a ver cada día e cada vez máis condicionantes da nosa capacidade mental, e idade. A lista resulta xa interminable e, entre tanto, nós mantén cunha naturalidade absoluta, convencidos de que somos vellos e, por tanto, parvos, inútiles.
Pois xa saben de que vai isto, e entre tanto fagan coma min, reclamen, presenten protestas e pasen malos tragos, porque ao final non che fan nin puñeteiro caso, sabido é que nestes tempos modernos, o mundo non é dos nin para os vellos inútiles coma nós.
- No cojas pájaros del suelo: la Sociedad Española de Ornitología recuerda lo que debes hacer si encuentras una cría fuera de su nido
- Dos jóvenes de Cangas denuncian por estafa al propietario del piso que habían alquilado en la villa
- El puzle para crear una nueva gran zona residencial protegida en Vigo encaja otra de sus piezas: la Xunta somete a evaluación ambiental un segundo PIA en Lavadores
- Los chiringuitos baten otro récord en Nigrán: más de 16.000 euros al mes en Panxón y Praia América
- Denuncia al exnovio de su hija por la okupación de su casa y su bajo comercial para abrir un negocio en Moaña
- Muere el patrón de una embarcación de recreo en Chapela al caer al mar, mientras su lancha seguía navegando sin rumbo
- Localizan en una casa okupa de Vigo a la mujer que iba en el coche en el que se produjo el supuesto rapto del hombre que apareció con una paliza en Meira
- Nuevo paso para que se pueda viajar en AVE desde Galicia a otras comunidades del Norte sin pasar por Madrid