Saltar al contenido principalSaltar al pie de página

Regueifa

Alumnado do Camballón imparte un obradoiro en Madeira

A comitiva do instituto cruceño, en Funchal.

A comitiva do instituto cruceño, en Funchal. / Sechu Sende

Un grupo de estudantes do IES Marco do Camballón, de Vila de Cruces, participa por segunda vez nun encontro de repentistas na illa portuguesa de Madeira. Os mozos cruceños impartirán un obradoiro de regueifa para nenos e nenas no Caniço, estarán presenten na Feira do Libro de Machico e ademais van poñer en marcha unha reunión interactiva sobre o repentismo galego. En 2017 xa viaxaran a Madeira Nuria Penas e Lorena Medela, e nesta ocasión son 11 alumnas e alumnos, con catro integrantes do Regueifa Tour.

Tracking Pixel Contents