Concurso de radio escolar
Os premios José Hermida soan a voces da Bandeira
O CEIP é un dos 20 finalistas cunha adaptación do conto infantil «A mellor sopa do mundo»

O alumnado da radio do CEIP Ramón de Valenzuela. |

O 8 de maio unha decea de estudantes do CEIP Ramón de Valenzuela, da Bandeira, asistirá en Pontevedra á gala de entrega dos Premios José Hermida de Radio Escolar. O evento será na aula da UNED, e nesta segunda edición repartiranse tres galardóns de 3.000, 2.000 e 1.000 euros, e Radio Garabullo, que é como se chama o proxecto deste colexio, está entre os 20 centros educativos finalistas. Ao certame presentáronse 114 podcast elaborados por máis dun cento de colexios e institutos das provincias da Coruña e de Pontevedra. Da zona, hai outros tres aspirantes a estes recoñecementos: o colexio Manuel Villar Paramá, da Estrada, e os institutos Antón Losada Diéguez (tamén da Estrada) e o de Cotobade, de Cerdedo Cotobade.
A transmisión dixital de Radio Garabullo leva por título «A radio que conta moito e fai pouco barullo». Nela participa o alumnado de cuarto de Primaria e o proxecto destaca «non só pola súa calidade técnica, senón polo seu valor pedagóxico e emocional». Este podcast é unha adaptación do conto «A mellor sopa do mundo», da escritora catalana Susanna Isern. Nel, varios animais chegan durante un temporal de neve á casa dunha tartaruga, que estaba fervendo auga para facer unha sopa. Cada animal aporta un ingrediente, e cando toca probar a comida, decátanse de que ten un sabor especial. E ese sabor non é de ningún segredo de cociña que aportase a anfitrioa, senón dese momento de amizade, de comunidade, que compartiron todos.
Á marxe da historia, os alumnos e alumnas que deron forma a este podcast coas súas voces tamén crearon a propia banda sonora con materiais da aula. O centro educativo destaca o tema «Meu caldo, meu grelo», de María Fumaça. O CEIP contacto co grupo para xestionar os dereitos de autor e obtivo o permiso da recoñecida artista Uxía.
Contra a timidez
Radio Garabullo naceu no marco do programa Radio na Biblio, tras unha formación en teatro radiofónico que impartiu a actriz Cristina Collazo. Esta metodoloxía foi clave para que o estudantado vencese a súa timidez. «Foi o xeito de que por fin se abrisen ao teatro; a maxia da radio permitiulles interpretar sen o medo ao público directo», indican desde o centro trasdezano as responsables este proxecto, a titora Cristina Vázquez e a coordinadora da biblioteca e de Radio na Biblio, Margarita Faílde. Indican que, á marxe do que ocurra o vindeiro 8 de maio, «o premio principal xa está gañado: demostrar que, como dicimos no noso programa, nada hai máis rico que o caldo compartido cos amigos».
- No cojas pájaros del suelo: la Sociedad Española de Ornitología recuerda lo que debes hacer si encuentras una cría fuera de su nido
- Dos jóvenes de Cangas denuncian por estafa al propietario del piso que habían alquilado en la villa
- El puzle para crear una nueva gran zona residencial protegida en Vigo encaja otra de sus piezas: la Xunta somete a evaluación ambiental un segundo PIA en Lavadores
- Los chiringuitos baten otro récord en Nigrán: más de 16.000 euros al mes en Panxón y Praia América
- El metal vuelve a salir a la calle en Vigo: estas son las zonas afectadas por la manifestación de este miércoles
- La Audiencia mantiene la paternidad de un vigués aunque el ADN dice que no es su hijo
- Denuncia al exnovio de su hija por la okupación de su casa y su bajo comercial para abrir un negocio en Moaña
- Muere el patrón de una embarcación de recreo en Chapela al caer al mar, mientras su lancha seguía navegando sin rumbo