Letras Galegas
Silleda abre o prazo para inscribirse no obradoiro de fanzine
Redacción
O Concello de Silleda abre ata o 29 deste mes o prazo de inscrición no obradoiro de escritura creatiga e creación de fanzine «A palabra rebelde. O fanzine como ferramenta de expresión». As persoas interesadas en participar teñen que anotarse enviando unha mensaxe ao correo electrónico cultura@silleda.gal.
O obradoiro vai ser impartido pola escritora e activista cultural Llerena Perozo, nas xornadas do 2, 9, e 16 de maio, de 11.00 a 12.30 horas na biblioteca Daniel Castelao. Está orientado a persoas de 12 anos en diante e o seu resultado vai ser exposto o 17 de maio, Día das Letras Galegas, na praza Siñor Afranio.
A concelleira de Cultura, Mónica González Conde, anima á veciñanza e sobre todo á mocidade a participar nesta proposta do Mes das Letras Galegas, xa que nela se unen «creación, pensamento crítico e expresión libre arredor dunha autora tan inspiradora como Begoña Caamaño». Engade que o formato do fanzine encaixa moi ben co espírito desta edición das Letras Galegas, «porque permite experimentar coa palabra desde unha óptica aberta, rebelde e moi participativa».
- No cojas pájaros del suelo: la Sociedad Española de Ornitología recuerda lo que debes hacer si encuentras una cría fuera de su nido
- Dos jóvenes de Cangas denuncian por estafa al propietario del piso que habían alquilado en la villa
- El puzle para crear una nueva gran zona residencial protegida en Vigo encaja otra de sus piezas: la Xunta somete a evaluación ambiental un segundo PIA en Lavadores
- Los chiringuitos baten otro récord en Nigrán: más de 16.000 euros al mes en Panxón y Praia América
- El metal vuelve a salir a la calle en Vigo: estas son las zonas afectadas por la manifestación de este miércoles
- La Audiencia mantiene la paternidad de un vigués aunque el ADN dice que no es su hijo
- Denuncia al exnovio de su hija por la okupación de su casa y su bajo comercial para abrir un negocio en Moaña
- Muere el patrón de una embarcación de recreo en Chapela al caer al mar, mientras su lancha seguía navegando sin rumbo