Teatro
Luis Iglesia e Camila Bossa traen ‘Testosterona’ a Lalín
A montaxe de estradense Malasombra, dirixida por Xoque Carbajal, representarase este venres ás 21:00 horas con entradas a 5 euros

A compañía estradense Malasombra trae este venres a Lalín a obra ‘Testosterona’, nunha función prevista para as 21:00 horas e adaptada e dirixida por Xoque Carbajal. A montaxe estará protagonizada por Luis Iglesia e Camila Bossa, dous rostros sobradamente coñecidos do teatro e do audiovisual galego. Contará cun prezo único de entrada de 5 euros.
Escrita pola autora mexicana Sabina Berman, ‘Testosterona’ parte dunha situación de forte carga dramática e simbólica: o director dun importante medio de comunicación debe deixar o seu posto en mans dun dos seus dous subdirectores, un home e unha muller. A partir desa premisa, a peza abre interrogantes sobre que pesa realmente nunha decisión deste tipo: a capacidade, a experiencia, a audacia ou, pola contra, os prexuízos, o engano e as dinámicas de poder.
A proposta preséntase en clave de comedia, pero vai máis alá do entretemento para afondar nunha reflexión sobre a desigualdade laboral e a discriminación por razón de sexo. A obra cuestiona por que, en moitos espazos de responsabilidade, ás mulleres non lles abonda coa súa preparación, intuición ou valía profesional, e denuncia como a miúdo se espera delas que actúen segundo regras de poder deseñadas historicamente polos homes.
Desde Malasombra subliñan que se trata dun espectáculo de «teatro de texto» e de actor, pensado para soster o seu peso na forza interpretativa dos seus protagonistas e nunha posta en escena coidada. Presenta a montaxe como unha proposta aberta a públicos moi diversos, tanto do ámbito urbano como do rural, cun ton próximo e accesible, mais sen renunciar ao contido crítico.
- Olalla, acogedora de dos hermanos con dedicación exclusiva: «Ni lo haces por ti ni por trabajo o vocación, es una forma de vida»
- Cómo construir un nido artificial para aves urbanas: la recomendación de la la Sociedad Española de Ornitología para convivir con los pájaros
- El metal de Pontevedra cierra un preacuerdo «histórico» con un alza salarial del 15%
- Vuelve la Farola y vuelve el Acrópolis
- Estudiante keniata llega a un pueblo de Ourense para revitalizar el rural con un 'hub' de innovación
- Cuando el marisqueo deja de ser rentable: «Dejo el mar muy a mi pesar porque no hay ingresos, no por madrugar, el frío o el calor»
- El metal se consolida a la vanguardia de toda España en subidas salariales: así pacta la industria en comparación con otros sectores
- ¿Quién se queda con el piso de la vecina en Galicia? La Xunta investiga más de 560 herencias sin testamento en cinco años