Premios Rebumbio
Agadea, estradense do ano nas redes
A entidade fíxose co 53% dos votos na categoría aberta dos Premios Rebumbio, organizados por Actual Comunicación, e que celebrou este xoves no MOME a súa segunda edición. Outros gañadores foron A Riala, Un Valo no Castro Loureiro, Pintaletras, Non Vale Furar e Patiñas A Estrada

Os gañadores xunto ao alcalde, Gonzalo Louzao.
A comunicación dixital feita desde o ámbito local volveu reivindicar onte o seu protagonismo na Estrada, nunha gala que confirmou o crecemento e a consolidación dos Premios Rebumbio. O encontro, celebrado no Museo da Madeira e do Moble da Estrada (MOME), reuniu a ducias de persoas arredor dunha idea común: poñer en valor o talento, a creatividade e a capacidade de conexión da contorna a través das redes sociais.
Nesta segunda edición do certame, impulsado por Actual Comunicación, a Asociación Galega de Axuda aos Enfermos con Demencia Tipo Alzheimer (Agadea e Alzheimer) acadou o Premio Rebumbio «Estradense do Ano das Redes», na categoría aberta á participación cidadá. Cun total de 530 votos emitidos, a entidade fíxose co 53% dos apoios, consolidando así o recoñecemento ao seu traballo continuado na Estrada, onde xestiona o Centro de Día e mantén unha presenza activa e próxima.
A continuación, o público situou en segunda e terceira posición a Darlle Bolo e Madeira na Losada, con porcentaxes do 13,4% e 12,8%, respectivamente. Nesta categoría tamén participaron outras propostas como Sinfancia Lactante, Emerxencias A Estrada, Hosteleiros da Estrada ou Imaxina e Axuda, o que volve reflectir a diversidade de perfís e iniciativas que conforman o ecosistema dixital local.
Por outra banda, o xurado profesional –formado por Fran Brea, Chus Aldariz e Kike Vázquez– foi o encargado de decidir o resto dos galardóns. Así, recoñeceuse a A Riala por mellor uso do galego en redes sociais, a Un Valo no Castro Loureiro polo mellor uso do humor como recurso comunicativo, a Pintaletras pola mellor difusión de negocio local e a Non Vale Furar pola súa comunicación deportiva. Tamén se premiou a David Eyo como mellor proposta educativa e a Coto Manguelo como mellor iniciativa cultural.
Así mesmo, o premio «Momento Rebumbio do Ano» recaeu en Patiñas da Estrada, unha entidade distinguida tanto pola súa constancia na actividade en redes como pola mobilización social xerada arredor da chamada de auxilio para a operación da cadeliña Bombón. A resposta cidadá permitiu recadar os fondos necesarios para a intervención, convertendo o caso nun exemplo de impacto real da comunicación dixital.
Durante a gala, conducida por Pablo García, o alcalde da Estrada, Gonzalo Louzao, destacou o papel das redes como escaparate global do talento local e a capacidade de proxectar a identidade da vila máis alá das súas fronteiras. Ademais, subliñou a importancia de recoñecer a quen sabe empregar estes espazos para conectar, influír e representar á comunidade.
O rexedor tamén puxo en valor o crecemento dos Premios Rebumbio, que en apenas dúas edicións conseguiu consolidarse como unha cita de referencia no calendario social e cultural estradense. Segundo sinalou, estes premios demostran que a comunicación local non só existe, senón que evoluciona e se adapta aos novos formatos.
Finalmente, dende Actual Comunicación, organizadora do evento, salientouse o carácter colectivo do proxecto e a implicación crecente da veciñanza. Tamén se destacou o apoio de entidades colaboradoras e do tecido social e empresarial da zona, que fan posible a continuidade do certame. Con este espírito, avanzouse a intención de celebrar unha terceira edición en 2027.
- No cojas pájaros del suelo: la Sociedad Española de Ornitología recuerda lo que debes hacer si encuentras una cría fuera de su nido
- Dos jóvenes de Cangas denuncian por estafa al propietario del piso que habían alquilado en la villa
- El puzle para crear una nueva gran zona residencial protegida en Vigo encaja otra de sus piezas: la Xunta somete a evaluación ambiental un segundo PIA en Lavadores
- Los chiringuitos baten otro récord en Nigrán: más de 16.000 euros al mes en Panxón y Praia América
- El metal vuelve a salir a la calle en Vigo: estas son las zonas afectadas por la manifestación de este miércoles
- Denuncia al exnovio de su hija por la okupación de su casa y su bajo comercial para abrir un negocio en Moaña
- Muere el patrón de una embarcación de recreo en Chapela al caer al mar, mientras su lancha seguía navegando sin rumbo
- Localizan en una casa okupa de Vigo a la mujer que iba en el coche en el que se produjo el supuesto rapto del hombre que apareció con una paliza en Meira