Saltar al contenido principalSaltar al pie de página

Música tradicional

Os Encontros de Carboeiro abren o prazo para os postos de artesanía

Redacción

Silleda

A asociación Santa Ferreña abriu este 12 de abril o prazo para solicitar espazo nos postos de artesanía dos XXVII Encontros de Música Tradicional no Mosteiro de Carboeiro, en Silleda, que se celebrarán o 6 de xuño de 2026. A cita volverá converterse nunha festa interxeracional arredor da cultura tradicional galega nun escenario singular, cun programa que se desenvolverá desde a sesión vermú ata o remate da xornada. Entre as actividades previstas figura a mostra de traballo artesán vinculada ao patrimonio cultural inmaterial.

A reserva de espazo será gratuíta e as persoas interesadas deberán cubrir e enviar o formulario antes do 15 de maio (bit.ly/artesaniaencontros26). A organización realizará unha selección atendendo a criterios como ser da comarca, ter participado noutras edicións, ofrecer produtos artesáns relacionados coa cultura popular tradicional e empregar o galego na comunicación. Tamén terá en conta a dimensión do posto e a orde de recepción das solicitudes correctamente cumprimentadas. Lembra que non se admitirán peticións para postos de venda de comida ou bebida, ao ser a cantina unha das principais fontes de financiamento da festa.

Santa Ferreña comunicará por correo electrónico a selección dos postos participantes, como moi tarde, o 19 de maio, xunto coas indicacións precisas para a súa participación. Para calquera dúbida ou consulta, a entidade facilita o correo santaferrenha@gmail.com.

Tracking Pixel Contents