Saltar al contenido principalSaltar al pie de página

Entrevista | Cristina Cimadevila Cantante

«A sorte chamou á porta e fixo que volvese gravar»

O novo sinxelo da artista, gravado xunto a Edgar Fiomel e con videoclip de Antonio Montelongo, foi ben recibido polo público, impulsando así o seu retorno con máis cancións inéditas

Desta fotografía de Cristina nace o videoclip de «Kilómetro 0».

Desta fotografía de Cristina nace o videoclip de «Kilómetro 0».

A Estrada

—Nunca deixou de cantar e agora saca nova canción, seis anos despois da última. Como xurdiu isto?

—Isto é algo co que eu non contaba. Foi destas cousas nas que a sorte chama á porta. Xonix Records ofreceume cantar este novo tema e outros que irán saíndo proximamente. Iranse publicando en formato single.

—Que nos pode contar deste tema?

—Chámase Kilómetro 0. É unha historia de amor que fala de volver ó inicio ou a retomar. Aquí hai certo paralelismo co meu regreso a gravar cancións logo dun tempo parada. A canción é de Lolo Arincón e cántoa xunto a Edgar Fiomel. O vídeo é de Antonio Montelongo.

—Este estilo de canción é distinto ó que facía. Está cómoda con el?

—Si, é un estilo distinto e persoalmente síntome mellor. Adaptaron o proxecto para que encaixase mellor comigo e o resultado quedou moi ben. A canción está gustando moito. Teño moitas mensaxes e comentarios en redes. Parece que a canción gusta.

—Entre as próximas cancións sairá algunha súa?

—Durante este tempo foron xurdindo cancións e que teño compostas dende hai un tempo. Sempre tiven gañas de gravalas e creo que agora é o momento. Proximamente irei dándoas a coñecer . Entre as miñas e outras como Kilómetro 0, teremos unha ducia para sacar nos vindeiros meses.

—Que tal lle vai co dúo que forma con Lucía Abeledo?

—Ben. Nestes últimos anos nunca paramos de cantar. Seguimos traballando e proximamente estaremos por Dozón, Sarria, San Vicente do Mar ou Silleda. É un traballo que vou compaxinando con outro nunha empresa de construción, no departamento de recursos humanos. Tamén sigo con Mis creaciones, que podedes atopar en redes sociais. É un proxecto de arte e manualidades no que que vou creando monecos personalizados, tipo «fofuchas», ou con macetas. Gustan e teño algunhas encargas.

—E que tal se compaxina tanta actividade?

—Ben. O traballo da empresa é de luns a venres, co dúo traballamos normalmente nas fins de semana e as manualidades vai segundo demanda .

—Por que esa parada de seis anos?

—Como dixen, eu seguín e sigo cantando. O que pasou foi que cando saquei o disco ó pouco veu a pandemia da Covid e todo quedou parado de golpe. Retomar foi complicado e valo deixando e cando te das conta... pasaron seis anos.

—Pero agora volve con gañas...

—Si. Agora con esta oportunidade de gravar esta canción, novo estilo, e que parece que gusta moito, quero seguir, claro.

—Onde podemos escoitar Kilómetro 0 e as próximas cancións?

—Está dispoñible nas principais plataformas e tamén tedes un vídeo en «youtube» realizado con IA e que parte dunha foto miña.

Suscríbete para seguir leyendo

Tracking Pixel Contents