Promoción hostaleira
Pan de Soutelo Kalis , gañador da ruta de tapas de Soutelo de Montes

Pan de Soutelo Kalis, recollendo o seu diploma de gañador. | FIRMA
Redacción
A terceira edición da Ruta de Tapas de Soutelo de Montes pechouse cun gran éxito de participación. Durante os días de celebración, rexistráronse un total de 1.009 tickets, reflexo da elevada afluencia de veciños e visitantes que se achegaron a desfrutar das propostas culinarias dos establecementos participantes.
A tapa mellor valorada desta edición foi a presentada por Pan de Soutelo Kalis, que acadou a primeira posición cunha puntuación media de 4,58, converténdose así na gañadora da III Ruta de Tapas. O resto da clasificación estivo moi axustada, destacando tamén a calidade das propostas do Restaurante Millenium (2º posto) e o San Roque (3º posto), o que evidencia o alto nivel gastronómico desta edición.
Ademais, no sorteo realizado entre as persoas que completaron o pasaporte da ruta —cun total de 30 cartóns selados correctamente— resultaron premiadas Marisol Berezo, cun vale de 30 euros, e Manuel Villaverde, cun vale de 20 Guadalupe Picón, cun vale de 10.
Dende a organización agradeceron a implicación dos establecementos participantes, así como a excelente resposta do público, que contribuíu a crear un ambiente.
- La Comisión Europea plantea que los aeropuertos de Oporto y Santiago no puedan ofrecer ayudas a las aerolíneas
- Buscan a una mujer de 53 años desaparecida este pasado martes en Vigo
- Tercera jornada de huelga del metal: los trabajadores mantienen su calendario de protestas mientras la patronal busca evitar el colapso de Navalia
- Cómo construir un nido artificial para aves urbanas: la recomendación de la la Sociedad Española de Ornitología para convivir con los pájaros
- El parque infantil «más grande» de Vigo ya tiene fecha de construcción: las obras durarán ocho meses
- Más de cuatro mil usuarios de Povisa tramitan el cambio al Chuvi
- El ADN incrimina al presunto agresor sexual de un adolescente en los baños de Vialia
- La Xunta concederá 690 ayudas para mejorar fachadas, cubiertas y muros de viviendas particulares