Encontro creativo
Ideas que tecen convivencia escolar
Un cento de estudantes e docentes de cinco institutos galegos participaron este xoves na Bandeira nun encontro intercentros de EpDLab centrado na convivencia, a creatividade e o traballo en común

López Peña e Troitiño posan con docentes diante da rapazada no auditorio. | BERNABÉ/JAVIER LALÍN

A convivencia non se explica só nos libros nin se resolve unicamente con normas. Tamén se constrúe falando, compartindo e creando en común. Desa idea partiu a nova xornada intercentros de EpDLab celebrada este xoves na Bandeira, onde cen rapaces e rapazas de cinco institutos galegos participaron nunha cita de reflexión e traballo colectivo.

Un grupo de xóvenes, durante un dos xogos na rúa. | BERNABÉ/JAVIER LALÍN
O IES Pintor Colmeiro volveu exercer de anfitrión nun encontro que reuniu alumnado de Boiro, Brión, Bueu e Viana do Bolo. Durante a mañá, os e as estudantes participaron en grupos intercentros, compartindo experiencias e abordando cuestións moi presentes no día a día dos centros educativos.
Na apertura da xornada, a concelleira de Educación de Silleda, Ángela Troitiño, e a directora do instituto, Laura López Peña, puxeron o acento na importancia de seguir creando espazos de encontro para a mocidade, nos que o alumnado poida aprender, colaborar e compartir experiencias máis alá da aula.
A actividade centrouse en cinco grandes temas: o coidado do planeta e dos animais, a saúde mental e o benestar emocional, a igualdade de xénero e a diversidade LGBTIQ+, o racismo e a discriminación, e o activismo como motor de cambio social. A partir desas liñas de traballo, cada grupo foi perfilando ideas e mensaxes para transformalas en pezas audiovisuais pensadas desde a mirada da propia mocidade.
En total elaboráronse trinta vídeos, con títulos centrados en preocupacións moi presentes entre a rapazada: que facer ante un caso de bullying, como axudar cando alguén non se atopa ben, que pequenos xestos poden contribuír a salvar o planeta ou como avanzar cara a unha escola máis inclusiva.
A programación combinou o traballo creativo con momentos de lecer e socialización. Xogos como O pobo dorme ou As cadeiras serviron para favorecer a convivencia e crear un ambiente máis distendido, nunha xornada que deixou unha idea clara: cando se lle dá á mocidade espazo para falar, escoitarse e construír en común, a convivencia convértese tamén nunha experiencia real.
Suscríbete para seguir leyendo
- Sin tren entre Vigo y Santiago a causa de un hombre subido a la catenaria, en Vilagarcía
- Argentina autoriza la entrada masiva de pesqueros extranjeros por el temporal: flota gallega, a la capa para protegerse
- La factura del jabalí: resembrar una hectárea de maíz cuesta más de 900 euros
- El Celta, un paso más cerca de Europa
- Adrián Senar, CEO de Kreios Space: «En dos años necesitaremos 2.000 o 3.000 metros cuadrados más para empezar a producir»
- Cae parte del techo del parking del Eroski de la avenida Portanet, en Vigo
- Una autovía en pleno Vigo: 'pillado' a 124 km/h en una carretera limitada a 50 km/h
- El Concello de Vigo encarga la primera fase de la ampliación de Tribuna y pide colaboración económica: «No hay excusas»