Entrevista | Cristina Collazo Actriz
«Para min xa é gañar todo que a xente me votara polo que fixen»
A bandeirense foi unha das triunfadoras dos Premios María Casares ao alzarse co galardón á Mellor Actriz Secundaria na gala do Teatro Rosalía de Castro

Cristina Collazo posa coa estatuiña a Mellor Actriz Secundaria. / A.A.A.G.
-Supoño que aínda está asimilando todo o que lle pasou na gala da Coruña, non si?
-Estou moi contenta porque non me esperaba todo isto. Estou revolucionada porque foron uns momentos moi especiais para min, pero tamén para o resto da compañía porque foron moitos premios. Pensa que é o meu primeiro María Casares. Tiven algunha nominación por outro espectáculo, pero si, como actriz é o primeiro. Normal que ande tan revolucionada.
-Tras unha carreira sólida en teatro e televisión, que significa para vostede recibir este María Casares por un traballo de reparto nunha obra tan coral?
-A ver, primeiro un agradecemento total á xente que me votou porque significa que valoran moito o meu traballo. Iso para min xa é gañar todo o que se poida gañar porque no noso oficio unha traballa para os outros, para o público, e que te recoñezan así pois é incrible e reconforta moitísimo. Xa che digo, estou súper contenta con todo o que representa un premio deste prestixio e faime moita ilusión telo conmigo despois de todo o tempo que levo traballado neste sector.
-A miúdo dise que non hai papeis pequenos. Como traballou a presenza do seu personaxe para que, aínda sendo de reparto, resultase tan determinante para a engranaxe desta premiada obra?
-Ensambláronme moito coas compañeiras de reparto. Ao final, iso que dis ti, que como é unha obra tan coral, pois intentando aportar o máximo para que brillara todo o mundo, non tentar coller o protagonismo, senón todo o contrario, apoiarme no resto do elenco da obra. E ese traballo tamén o facían as miñas compañeiras. Elas facían o mesmo e penso que aí está unha das claves do éxito de «Reconversión» porque para que ti brilles as outras ás veces apártanse. Como ti dis moi ben, é un traballo coral aportando un novo graniño de area no actual panorama teatral galego. O feito de ter tantas nominacións e, despois, tantos premios fala moi ben dun traballo realmente fantástico.
-A obra gañadora da gala deste ano toca fibras sensibles sobre o cambio e a identidade. Que é o que máis lle atraeu do seu personaxe cando puido ler o texto por primeira vez?
-Non é fácil contestar a túa pregunta pero supoño que encarnar un pouco tamén os personaxes reais da familia de Santi, que ao final eu fago de avoa nalgunha ocasión. Entón, temos unha gran responsabilidade polo que ten de trasladar ao público xente dunha familia que está a contar a súa vida. E logo participar dun personaxe un pouco máis neutro. Traballar moito desde o corpo. O certo é que nesta obra traballei principalmente desde o corpo e tamén a intuición. Pero foi un traballo moi bonito de facer, sobre todo que como dicía antes acaban premiando na academia.
-«Reconversión» ten un selo estético e narrativo moi particular. Cal foi o maior reto físico ou emocional que lle plantexou este papel?
-Moitos a verdade. Pois, dende tocar un instrumento ata a esixencia física da memorización dun libreto moi completo e ameno. Físicamente é unha obra moi esixente e na que durante dúas horas tés que estar aí e non te podes despistar nada porque estás na escea todo o rato. Xa che digo, tocando todo o rato ao mesmo tempo que dicindo o texto e tamén ao mesmo tempo que subindo ou baixando un andamio. É durilla, pero tamén é certo que o público pronto a recibiu moi ben.
-Forma parte do éxito de Ibuprofeno Teatro este ano. Como é a dinámica de ensaios con Santiago Cortegoso para que o elenco funcione con tanta precisión?
-Pois, sen perder o tempo, xa che digo. Foi un non parar, vamos. Lembro que foron dous meses súper intensos de traballo, de mañá ata a tarde, con descanso para comer por suposto, pero pola mañá traballábamos o físico e o texto e pola tarde a música. Entón, foron meses moi intensos porque Santi Cortegoso non perde o tempo, sobre todo cunha peza tan especial para el.
-Comparte este éxito con compañeiros como Fran Lareu, que tamén é da comarca. Que lle pareceu o seu doblete histórico?
-Faime moita ilusión porque Fran ademáis de ser un actor enorme é un dos meus mellores amigos. Alegroume un montón que se levase o premio de protagonista e tamén o secundario. El estaba moi contento cos seus premios e eu co meu, pero tamén cos que tivo el que, como digo, é un grande actor.
Suscríbete para seguir leyendo
- La Comisión Europea plantea que los aeropuertos de Oporto y Santiago no puedan ofrecer ayudas a las aerolíneas
- Buscan a una mujer de 53 años desaparecida este pasado martes en Vigo
- Cómo construir un nido artificial para aves urbanas: la recomendación de la la Sociedad Española de Ornitología para convivir con los pájaros
- Tercera jornada de huelga del metal: los trabajadores mantienen su calendario de protestas mientras la patronal busca evitar el colapso de Navalia
- El parque infantil «más grande» de Vigo ya tiene fecha de construcción: las obras durarán ocho meses
- Más de cuatro mil usuarios de Povisa tramitan el cambio al Chuvi
- El ADN incrimina al presunto agresor sexual de un adolescente en los baños de Vialia
- La Xunta concederá 690 ayudas para mejorar fachadas, cubiertas y muros de viviendas particulares