Saltar al contenido principalSaltar al pie de página

Alonso Caxade segue «a gozar coma un neno» na Recreativa

Alonso Caxade co seu premio. | CABALAR

Alonso Caxade co seu premio. | CABALAR

Silleda

Alonso Caxade amosou onte o seu orgullo ao recibir o premio María Casares ao Mellor Espazo Sonoro, un galardón que dedicou a todos os que fan música para o teatro. O músico de Ames vencellado a Trasdeza destacou a súa admiración por este sector e agradeceu a confianza de Santi Cortegoso e Marián Bañobre de Ibuprofeno Teatro, pero fixo unha mención especial ao elenco de actores e actrices que participan na obra triunfadora do certamen. Segundo explicou Caxade, o gran reto da obra galardoada este ano foi «lograr un espazo sonoro interpretado ao vivo por artistas que son, primordialmente, actores e non instrumentistas profesionais».

O acordeonista de formación polo Conservatorio de Pontevedra confesou estar «a gozar coma un neno» tocando o bombardino na Banda Recreativa e Cultural de Bandeira.

Tracking Pixel Contents