Saltar al contenido principalSaltar al pie de página

Música

A Riala Taberna programa vinte concertos ata setembro

redacción

A Estrada

A Riala Taberna converte a súa terraza no epicentro cultural coa celebración da nova edición do ciclo “[·] DE ENCONTRO”, unha proposta consolidada para achegar a cultura en directo durante os meses de primavera e verán.

De maio a setembro, o ciclo ofrecerá unha programación estable de concertos en directo todos os xoves ás 21:00 h, reunindo unha coidada selección de artistas e bandas que van dende o jazz, o folk, o rock, o indie ou a música tradicional, creando unha paisaxe sonora diversa e aberta.

O cartel deste ano inclúe nomes como Tabernarias, Jazzy Jockers, Gremio de Mareantes, Andrea & Black Cats, Pablo Estévez, Antón Ke, Moa Dixie Band, Flanagan, Xiro, Rodrigo Ramos, Claudio H., 7 Ferrados, Malabesta, John Deers, Ukestra do Medio, Antares ou The Lelli Kellys.

Manterase o formato de «taquilla inversa», permitindo que o público valore de maneira libre cada actuación. Búscase facilitar o acceso á cultura ao tempo e por en valor o traballo dos artistas.

‘[·] DE ENCONTRO’ é un espazo de convivencia cultural, onde a música e o encontro social mestúranse de maneira natural, fortalecendo o tecido cultural da vila ofrecendo unha programación continua, accesible e de calidade.

O ciclo conta coa colaboración de diferentes entidades e empresas que fan posible a súa realización, consolidándose como unha das propostas culturais de referencia no verán estradense.

Tracking Pixel Contents