Descentralización cultural
Na aldea tamén botas unhas risas
O Concello da Estrada renova a aposta polo programa ‘Un cómico na aldea’, cun total de 20 actividades divididas en dous ciclos, o de primaveira e o de outono. Este primeiro comeza o sábado 11 de abril na parroquia de Toedo, cunha actuación a cargo do Padre Xiaio, e rematará o 20 de xuño en Codeseda con Quico Cadaval

Unha das actuacións de edicións pasadas. |
É importante descentralizar o entretemento. Nun momento no que todo tipo de recursos, servizos e oportunidades parecen fuxir cara as cidades e as vilas, o rural precisa tamén reivindicarse como un espazo de vida, máis alá do traballo, máis alá da terra. E precisamente con esta idea como pilar fundamental o Concello da Estrada aposta un ano máis pola iniciativa ‘Un cómico na aldea’, que promete encher de humor e gargalladas cada recuncho do rural estradense.
O programa foi presentado onte pola edil de Cultura, Lucía Seoane, que afirmou: «Esta é unha aposta decidida pola descentralización do acceso á programación cultural. Algo moi importante nun municipio como o noso».
O festival divídese en dous ciclos: o máis inmediato, que é o de primavera; e o de outono. Este primeiro arranca este mesmo fin de semana, sábado 11 de abril, na parroquia de Toedo e da man do Padre Xiao. Van ser un total de 20 actuacións en núcleos onde non puido chegar a iniciativa na pasada edición de 2025. Cómpre sinalar, ademais, que as datas foron seleccionadas polas propias parroquias en función da súa dispoñibilidade. O ciclo de primavera abrangue funcións nos meses de abril, maio e xuño, ademais dunha primeira o pasado 28 de febreiro en San Xiao de Vea, fóra das datas oficiais. Deste xeito ademais da primeira que, como se explicaba anteriormente, será este sábado 11 de abril ás 20.30 horas o teleclub de Toedo, e que consistirá no espectáculo de Padre Xiao, seguirá coa parada de Fede Pérez o 18 ás 20.30 no local social de San Andrés de Vea, o día 25 ás 18.00 repite actuación Pérez en Guimarei e nesa mesma xornada, pero ás 20.00 horas, estará Pablo Estévez no local de Matalobos.
Xa en maio, o día 2 ás 20.00 horas en Nigoi actuará de novo Estévez, mentres que o día 9 ás 19.00 horas no local do Carballal de Arnois serán Pablo Chichas e Miguel Guido os protagonistas, que repetirán o día 23 ás 18.30 horas na Escola de Ribeira. O broche a este mes poñeráo Quico Cadaval o día 30 en Santa Mariña de Barcala, con horario por fixar.
Finalmente, en xuño o día 20 ás 20.00 horas na Escola da Devesa de Codeseda, de novo será Cadaval quen leve as risas.
Mentres, o ciclo de outono arrancará o 25 de setembro cun Festival Teatro Afeccionado en Orazo, a cargo de Teatro Clámide. Xa en outubro o día 3 no local social de Paradela estarán Isi e o Mago Toño, o día 10 a EMAE visitará o local social de Moreira e tamén o de Callobre o día 17, mentres que Isi e o Mago Toño voltarán o 24 a Frades e Lois Pérez actuará o 31 no teleclub de Berres.
Novembro será o último mes de actividades. O día 7 Lois Pérez estará en Oca, mentres que María da Pontragha visitará a Escola de Montillón o 14, e Teatro Clámide fará o propio o 21 en Loimil. A última parada desta xira humorística polo rural estradense será na parroquia de Rubín, onde María da Pontragha poñerá o broche de ouro o día 28, aínda con horas por confirmar.
- «Quedarán prohibidas las comunicaciones por WhatsApp entre familias y profesores. Se harán a través de un canal oficial y dentro de un horario»
- Cazan al arrastrero portugués «Coimbra» por presunta pesca ilegal en uno de los caladeros estratégicos de la flota gallega
- El Estado exige 6 meses de prácticas a los alumnos de la mercante pero solo les da 3: «Hay gente que ya lo da por imposible»
- La música electrónica crece en Galicia: nace un nuevo festival a los pies de la ría de Vigo
- Bertín Osborne actuará en la Festa do Galo, con María Mera de pregonera
- La victoria de la Real Sociedad en Copa complica el deseo europeo del Celta: las cuentas para Champions, UEFA o Conference
- Un ourensano intenta pasar la ITV con un coche y una caravana vinculados a una estafa sufrida por un riojano
- El nuevo «macroparque» infantil en Vigo da un paso clave para ser una realidad en 2027: elegida la empresa para ejecutar la obra