A Estrada servirá unha degustación gratuíta na Festa do Viño da Ulla con 250 tapas
O Concello aproveitará a ocasión para promocionar os seus recursos turísticos e gastronómicos

Pasada edición da Festa do Viño da Ulla. / Cedida
O Concello da Estrada promocionará os seus sabores e os seus recursos turísticos esta fin de semana no marco da XLIV Exaltación do Viño da Ulla, que se celebrará no veciño municipio de Vedra. Será o sábado e o domingo na Mostra dos Concellos de Ribeira do Ulla, un apartado incluído na extensa programación deseñada para a ocasión e na que A Estrada terá o seu espazo institucional a carón de Vedra, Boqueixón, Teo, Padrón, Touro, Silleda e Vila de Cruces.
Como xa fixo na edición de 2025, o Concello aproveitará este escaparate para distribuír información sobre o seu patrimonio natural, cultural e gastronómico. A maiores, incluirá nel unha ampla mostra de sabores locais, con expoñentes como a sidra, o aceite, queixo, froitos vermellos, mel, ovos e produtos da horta. Asemade, na xornada do domingo, e ao fío das 12.30 horas, neste mesmo stand aportará unha degustación gratuíta de 250 tapas. Este ano o Concello contará para este evento coa firma Sala Gradín, que servirá aos presentes chourizos á sidra con pan da Estrada
A Mostra dos Concellos da Ribeira do Ulla estará aberta ao público o sábado, de 18.00 a 22.00 horas, e o domingo de 12.00 a 22.00.
- «Quedarán prohibidas las comunicaciones por WhatsApp entre familias y profesores. Se harán a través de un canal oficial y dentro de un horario»
- Cazan al arrastrero portugués «Coimbra» por presunta pesca ilegal en uno de los caladeros estratégicos de la flota gallega
- El Estado exige 6 meses de prácticas a los alumnos de la mercante pero solo les da 3: «Hay gente que ya lo da por imposible»
- La música electrónica crece en Galicia: nace un nuevo festival a los pies de la ría de Vigo
- Bertín Osborne actuará en la Festa do Galo, con María Mera de pregonera
- La victoria de la Real Sociedad en Copa complica el deseo europeo del Celta: las cuentas para Champions, UEFA o Conference
- Un ourensano intenta pasar la ITV con un coche y una caravana vinculados a una estafa sufrida por un riojano
- El nuevo «macroparque» infantil en Vigo da un paso clave para ser una realidad en 2027: elegida la empresa para ejecutar la obra