Entrevista | Joel Castro Toledo Campeón de España sub20 de Loita Olímpica
«O que algo quere, algo lle custa. Xa sei que me perdo moitas cousas pero é o momento»
O xove loitador estradense, con 18 anos, impúxose no Campeonato de España sub-20 logo dunha intensa preparación e un combate final que se decidiu nos últimos segundos

Joel coas tres medallas conseguidas este ano. / Fran Campos
—Como empezou na práctica da loita?
—Sempre quixen facer boxeo, pero como aquí non tiña onde practicalo, empecei no club A Cambadela de Loita, na Estrada, cando tiña seis anos. Adestrei moito tempo ata que empecei a competir a nivel galego e nacional con catorce anos.
—Pronto viñeron as vitorias...
—Si, o primeiro ano que competín quedei terceiro no campionato galego e seleccionáronme para o campionato de España, que gañei.
—Agora xa leva uns anos no Centro Galego de Tecnificación Deportiva en Pontevedra.
—Foi un compañeiro o que me insistiu en solicitar praza neste centro de alto rendemento deportvo. Alí estou de luns a venres adestrando e facendo 2º de bacharelato. A miña idea é facer unha carreira universitaria, que aínda non teño moi claro cal será, e seguir adestrando e competindo.
—Que ten este deporte que tanto lle atrae?
—Gústame moito porque é pouco monótono. É moi dinámico, con moitas posibilidades, onde podo desenvolver moitas técnicas, traballar moitas posturas... Sen menosprezar a ninguén nin a ningún deporte, pero, por exemplo, nunha proba deportiva como unha carreira, tes que chegar o antes posible á liña de meta. Sempre é así. Na loita, digamos que tes moitas posibilidades e variantes para acadar esa meta, e a combinación das mesmas é o que me motiva.
—Que esixencia física require a loita a este nivel?
—Moita. Os combates teñen unha duración de seis minutos e, aínda que poida parecer pouco, son seis minutos con moita intensidade e con moita forza física. Ao final, entre todas esas ferramentas das que falaba, e que tes para conseguir unha vitoria, a forza e a resistencia física son moi importantes.
—En só tres meses conseguiches tres importantes logros, entre eles o campionato de España sub20. Que pasou este ano?
—No Centro Galego de Tecnificación Deportiva adestramos todos os días, normalmente en dúas sesións. É así a nosa rutina, é o noso traballo, aparte de cumprir cos estudos. Pero, desde o verán pasado, ademais deste adestramento, empecei a traballar tamén durante a fin de semana, no ximnaxio, co meu compañeiro Guille e co seu pai, que é preparador físico. Foi duro porque estiven traballando os sete días da semana, pero deu bos resultados. Á vista están
—Dígame como se xestiona unha persoa de 18 anos, coma vostede, para adestrar a este nivel, seguir cos estudos, gozar da familia, amizades...
—Con moito sacrificio, claro. O que algo quere, algo lle custa. Xa sei que podo perderme algunhas cousas, pero tamén é agora, neste momento da vida, cando teño que apostar polo deporte a este nivel.
—Como se sentiu ao gañar o Campionato de España Sub20, tendo en conta que, con dezaoito anos, competiu con rivais que eran dous anos maiores?
—Foi algo incrible. A miña mente estaba posta en gozar, aprender e coñecer xente nova. Para nada me imaxinaba que algo así puidera ocorrer. Ademais, ao ser unha vitoria nos últimos segundos...
—Como nos últimos segundos? Como foi?
—A falta de vinte segundos eu perdía por un punto. Xa estaba convencido de que ía acabar así. Pero ao final metín presión, traballei ben... Arrisquei moito, pero saíu moi ben. Tanto que gañei o campionato. Foi unha alegría enorme.
—Que tal leva a túa familia estas vitorias e tamén que esteas estudando e adestrando fóra da casa todas as semanas?
—Cústalles un pouco e enténdoos porque estámonos a perder cousas da vida familiar, pero tamén entenden polo que estou traballando e o que quero conseguir.
—E que quere conseguir? Hai algún obxectivo á vista?
—O obxectivo principal é seguir traballando e mellorando. Máis para adiante gustaríame competir a nivel internacional. Quero formar parte da selección española para ir ao campionato de Europa. Isto a medio prazo, de aquí a dous anos ou algo máis.
—Supoño que algo así non se consegue só...
—Non, claro. Desde os amigos, a familia, os compañeiros, adestradores... todos son importantes para min. A eles débolles moito e estou moi agradecido por confiar en min.
Suscríbete para seguir leyendo
- La afición del Friburgo se rinde al «aura» de Balaídos y Vigo: «Estuve en muchos estadios y esto es una experiencia 10/10 »
- El antiguo concesionario Opel de la Avenida de Madrid será un hotel de 3 estrellas y 132 habitaciones
- Aceleran los proyectos más esperados: centro de mayores de Amancio Ortega, O Posío y el gran parque y piscinas de Ponte Canedo
- «Éxito» en la huelga del sector textil en Galicia para impedir el avance de un posible convenio estatal
- Renfe lanza su «Plan Galicia 2026» con los Avril: será la primera vez que añada trenes en el Eje Atlántico entre Vigo y A Coruña desde 2015
- La Xunta acomete el mayor movimiento de personal de su historia: 3.200 empleados públicos cambian de puesto, el 12 por ciento de toda la plantilla
- Tres heridos tras un choque de dos motos en la N-552 entre Vigo y Redondela
- Un ourensano intenta pasar la ITV con un coche y una caravana vinculados a una estafa sufrida por un riojano