Saltar al contenido principalSaltar al pie de página

Música

Pedro Pastor fai rabaño

O cantautor madrileño está de xira de aniversario e A Estrada foi unha das paradas esta fin de semana

Pedro Pastor e a súa banda Los Locos Descalzos, no concerto da Estrada. | F.C.

Pedro Pastor e a súa banda Los Locos Descalzos, no concerto da Estrada. | F.C.

A Estrada

‘10 locos años descalzos’ é a xira que o trouxo ata A Estrada. Con todo vendido dende había días, cumplíronse as espectativas e Pedro Pastor fixo rabaño no Teatro Principal. A noite encheuse de música, baile, canción, sensibilidade, amor, liberdade e poesía. O público estivo entregado dende o primeiro momento e así o sentiu o propio cantautor que ó pouco publicou en redes sociais que o da Estrada será «uno de los conciertos mejor recordados de la gira».

Non estaba ningún dos grandes cos que ten cantado pero sentiuse a Silvio Rodríguez, Luís Pastor, Pedro Guerra, Rozalén... Incluso se animou a cantar en galego. O certo é que o público acabou o concerto en pé e con unha gran ovación.

Tracking Pixel Contents