Entrevista | Milagros Torrado Cespón
«O meu fillo díxome que sabía de amigos que recibían a visita do gatipedro»

Milagros Torrado Cespón nunha libraría | CEDIDA
Como xurdiu a idea para escribir esta historia?
Foi ocorrencia do meu fillo, que ten nove anos. El contoume que sabía de compañeiros do cole que recibían a visita do gatipedro polas noites e pediume que escribise unha historia sobre iso para tentar axudalos
Lémbranos quen é o gatipedro?
É un personaxe do noso folclore e da nosa tradición galega. Fai referencia a cando os nenos e nenas, que xa non son bebés, se ouriñan polas noite na cama. Cando é así, dise que «foi visitalos o gatipedro»
Como fixeches entón para tratar un tema como este que pode ser delicado?
Pois como moito amor, tenrura e naturalidade. Falando abertamente da situación e tendo presentes tamén ó entorno do neno ou nena a quen lle pase isto., como a familia. É máis do común do que poida parecer pero pouco se fala.
O teu fillo ten moita influencia en este traballo do gatipedro...
Si. É o ideólogo, digamos. De feito asinei o traballo co pseudónimo de Roquets en referencia ó seu nome, que é Roque.
Sabes que Paio, a parte de ser un dos protagonistas da túa historia é o patrón da parroquia da Estrada?
Sei, si. Ben, contáronmo cando me chamaron para comunicarme o premio. Foi total casualidade. Escollemos ese nome porque nos gustou, porque soaba ben e, non sei, encaixaba xenial co outro protagonista. Sería xenial que o día da entrega do premio coincidise no 26 de xuño,o día da vosa festa.
Logo de gañar o concurso publicarase o álbum ilustrado e presentarase aquí na Estrada. E ese día tamén vos entregarán o premio que ten unha dotación económica de 4.000€. Repartiredes os cartos entre Laura, ti... e o teu fillo, Roque?
El cobrará en galletas, que lle gustan moito. A verdade é que se aledou un montón polo premio e pola publicación da obra. Xa me está pedindo que faga a segunda parte.
Como e onde vos colleu a chamada do concello para comunicarvos a boa nova?
Pola miña parte non hai nada épico nin gracioso que contar. Estaba na casa facendo a avaliación do programa do Erasmus +. A Laura comuniqueillo eu. Estaba traballando na súa libraría «Espazo Lector Nobel» e acabou chorando diante dunha clienta. Emocionámonos moito as dúas.
Fálanos da túa compañeira Laura. Ela é de Madrid...
É, si. Veu para Galicia e asentouse na zona do Barbanza e fala un galego como se fose nativa. Eu son clienta da súa libraría hai anos e un día vinlle unhas acuarelas que ela mesma pintou. Dende ese momento sempre tiñamos na cabeza a idea de buscar o xeito de traballar xuntos. E apareceu por fin este álbum.
Como foi esa convivencia artística entre as dúas? Entendéstesvos ben, houbo consenso?
Houbo. Foi perfectamente. Tivemos moi boa conexión dende o comezo. Tiñamos moitas gañas de traballar xuntos e fixemos «match» á primeira. É marabilloso ver como os nosos traballos se ían complementando mutuamente. Incrible como as súas ilustración enchen e amplían a historia escrita.
Pertences a unha asociación de carácter cultural e literario do Barbanza...
É a Asociación Cultural Barbantía. Levamos 22 anos falando e recuperando a cultura e tradicións da comarca. Facemos moitos eventos como un anuario, presentación de libros, a Romaría das Letras... O ano pasado recuperamos cos máis cativos a tradición do martes de entroido. Fomos polas casas disfrazados pedindo filloas, orellas... Os vellos choraban ó vernos. Foi moi emocionante.
Ti xa contas con algunha publicación...
Si, teño traballo de carácter didáctico publicados, máis acorde co meu perfil profesional. A primeira historia que publiquei foi con 13 anos, un conto para un concurso: «A osa menor». En 2023 fixen a primeira tradución dos «Contos da illa de Man», onde vivín medio ano.
Logo desta exitosa experiencia, volverás repetir en este formato?
Dende logo. Como xa dixen, o meu fillo xa me está pedindo que faga a segunda parte. Eu tamén teño ideas e moitas relacionadas coas tradicións, o folclore e a cultura galega. Dáme moita mágoa pensar que un neno non viva, ou non coñeza ó Apalpador, o entroido tradicional ou o día de defuntos. A miña avoa, por exemplo, ensinoume a facer «caliveras» e a disfrazarme de «choqueiro». Agora temos unha xeración enteira que non coñece nada diso. Pero aínda estamos a tempo de recuperalo.
Suscríbete para seguir leyendo
- Un furancho de Redondela, multado con 45.000 euros por no dar de alta a sus trabajadores
- La historia de superación de Sandra y Antonio, de dormir en la calle a abrir un comercio de barrio en Ourense: «La primera noche dormimos en un parque»
- Vigo recibirá a los reyes Felipe y Letizia a finales de mayo por el Día de las Fuerzas Armadas, con seis jornadas de celebración
- Casi 20.000 hectáreas de Pontevedra y seis concellos más, declaradas para la caza libre
- El Paseo de Alfonso acoge el sábado la tercera edición de «A nosa memoria», un homenaje a Rubén Berto Covelo
- Condenan a una mujer por violencia doméstica contra su marido en Cangas
- Clases a funcionarios de la Xunta para gestionar el estrés y aprender a usar la IA
- Muere Carlos López, jefe de Ginecología del Chuvi y descendiente de Ramón y Cajal