Programación cultural
Lalín presenta en abril unha axenda diversa para todos os públicos
Música, teatro, libros, exposicións e citas populares conforman a oferta municipal

Lalín vivirá en abril un mes especialmente intenso no eido cultural e social, cunha programación que reunirá música, teatro, exposicións, literatura, danza, monicreques e actividades solidarias, sen esquecer citas xa consolidadas no calendario local como o Motococido, a Carreira do Cocido e a Feira do Cabalo. O programa deseñado para as vindeiras semanas busca ofrecer propostas variadas e pensadas para públicos diferentes, combinando iniciativas de carácter familiar con espectáculos escénicos, presentacións e eventos de fondo máis festivo e popular.
A axenda arrincará o 1 de abril coa presentación de ‘Campo’, o novo disco de Aprendiz, proxecto musical de Nicolás Hermida López, nun acto previsto no Museo Ramón Mª Aller (11.00 horas). Nese mesmo espazo inaugurarase o día 10 (20.00) a exposición ‘ZEIT’, de Tareixa Taboada, unha mostra que afonda no paso do tempo e na relación do individuo cunha sociedade cada vez máis deshumanizada. Esa primeira quincena completarase do 10 ao 12 cunha nova edición do Motococido e coa representación de ‘O monstro de cores’, de Xanela do Maxín, no Salón Teatro, o sábado 11 ás 18:00.
O día 17 será a presentación no museo dun novo volume da colección Deza Básicos e coa representación, xa no Salón Teatro, de ‘Testosterona’, da compañía Malasombra, unha comedia que aborda con humor e sentido crítico a desigualdade laboral e os prexuízos de xénero. O sábado 18 coincidirán o remate da exposición EmporcARTE, unha nova sesión de ‘As sete boinas de Loriga’ no Pazo de Liñares e o Festival de Corais. A música continuará moi presente o 19 de abril co tradicional Concerto de Primavera da Banda de Lalín, ao tempo que se celebrará a XVI Carreira do Cocido.
Xa na recta final do mes, a programación incluirá unha actividade arredor do Día do Libro, o monólogo de Quico Cadaval, un espectáculo de monicreques con obradoiro no Pazo de Liñares, un desfile solidario a favor de Aspadeza e Aranes e, na fin de semana do 25 e 26, a XXVI Feira do Cabalo. O peche chegará o día 30 con ‘CEIBE’, de Fran Sieira, unha proposta de danza contemporánea que mestura tradición e innovación escénica.
- El antiguo concesionario Opel de la Avenida de Madrid será un hotel de 3 estrellas y 132 habitaciones
- La afición del Friburgo se rinde al «aura» de Balaídos y Vigo: «Estuve en muchos estadios y esto es una experiencia 10/10 »
- Aceleran los proyectos más esperados: centro de mayores de Amancio Ortega, O Posío y el gran parque y piscinas de Ponte Canedo
- Un ourensano intenta pasar la ITV con un coche y una caravana vinculados a una estafa sufrida por un riojano
- «Quedarán prohibidas las comunicaciones por WhatsApp entre familias y profesores. Se harán a través de un canal oficial y dentro de un horario»
- «Éxito» en la huelga del sector textil en Galicia para impedir el avance de un posible convenio estatal
- Renfe lanza su «Plan Galicia 2026» con los Avril: será la primera vez que añada trenes en el Eje Atlántico entre Vigo y A Coruña desde 2015
- La Xunta acomete el mayor movimiento de personal de su historia: 3.200 empleados públicos cambian de puesto, el 12 por ciento de toda la plantilla