Álbum ilustrado
Milagros Hórrea gaña o Alberte Quiñoi con ‘Paio e Gatipedro’
O xurado destaca a homenaxe ó folclore galego e a tradición oral | O premio está dotado con 4.000 euros e a publicación da obra

O xurado do premio logo de anunciar a gañadora. | CEDIDA
Milagros Hórrea é a gañadora do premio Alberte Quiñoi de álbum ilustrado coa obra ‘Paio e o Gatipedro’, que contou coas ilustracións de Laura Pérez.
O xurado encargado de fallar
este galardón literario, promovido polo Concello da Estrada, escolleu por unanimidade esta peza de
entre as 18 obras que se presentaron. O xurado estivo conformado por Paula Carballeira Cabana, Mariano Casas Gil, Sara Valcárcel Maceira, Armando Requeixo Cuba e Rosa María Herraiz Cabanas, exercendo como secretaria. O xurado quixo destacar neste álbum ilustrado a súa «capacidade para poñer no centro o folclore galego, facendo protagonista ao Gatipedro». “Rescata elementos da tradición oral galega para contar unha historia tenra, envolta nun mundo de ensoñación, contada
cunha linguaxe propia». Sinalan tamén que a peza, que leva no título o nome do patrón estradense e ten unha historia moi tenra detrás, está especialmente dirixida aos máis pequenos, «pensada para compartir en familia, arroupando os afectos». Destacaron asemade a súa estética coidada, “cunha excelente paleta de cor, na que historia e imaxe camiñan da man”.
O álbum gañador será publicado nos vindeiros meses pola Editoral Galaxia. A maiores, o premio conta cunha dotación económica de 4.000 euros.
- «Quedarán prohibidas las comunicaciones por WhatsApp entre familias y profesores. Se harán a través de un canal oficial y dentro de un horario»
- Cazan al arrastrero portugués «Coimbra» por presunta pesca ilegal en uno de los caladeros estratégicos de la flota gallega
- El Estado exige 6 meses de prácticas a los alumnos de la mercante pero solo les da 3: «Hay gente que ya lo da por imposible»
- La música electrónica crece en Galicia: nace un nuevo festival a los pies de la ría de Vigo
- Bertín Osborne actuará en la Festa do Galo, con María Mera de pregonera
- La victoria de la Real Sociedad en Copa complica el deseo europeo del Celta: las cuentas para Champions, UEFA o Conference
- O que nos deixou Samba, o noso veciño
- Un ourensano intenta pasar la ITV con un coche y una caravana vinculados a una estafa sufrida por un riojano