Saltar al contenido principalSaltar al pie de página

Teatro

María Peinado, veciña de Lalín, gaña o Premio Laudamuco coa obra ‘Maseira’

María Peinado.

María Peinado. / BERNABÉ

Xan Salgueiro

Xan Salgueiro

Lalín

A dramaturga María Peinado Casal, coruñesa asentada en Lalín, vén de sumar un novo recoñecemento á súa traxectoria ao facerse coa oitava edición do Premio Laudamuco para textos teatrais, convocado polo Concello de Brión, a Academia Galega de Teatro e Edicións Positivas. A autora presentouse ao certame baixo o pseudónimo de Shelley Duvall coa obra ‘Maseira’, pola que recibirá 7.000 euros e a publicación da peza.

O fallo do xurado supón unha distinción de alcance galego para unha creadora moi vinculada á capital dezá. O tribunal escolleu ‘Maseira’ entre 46 orixinais e destacou da proposta a súa orixinalidade, a temática, o uso da lingua e a estrutura teatral. Tamén puxo o foco no seu ton antibelicista, tratado dunha maneira aberta e non dogmática, así como nun humor próximo ao absurdo que lle dá personalidade propia ao texto.

Peinado conta cun perfil consolidado nas artes escénicas galegas. Titulada superior en Arte Dramática pola ESAD de Galicia e con formación en Filoloxía Inglesa, acadou o Premio María Casares á mellor dirección en 2020 por ‘O meu mundo non é deste reino’. Nos últimos anos desenvolveu distintos proxectos como directora e dramaturga, entre eles ‘E entón, un xardín’ e ‘Un tal Romeo’.

A entrega do galardón está prevista para o o sábado 16 de maio na sala municipal de exposicións de Brión.

Tracking Pixel Contents