Saltar al contenido principalSaltar al pie de página

Música

As comarcas acollerán nove actuacións do ‘+Música’ entre maio e outubro

Redacción

Lalín

Deza e Tabeirós-Terra de Montes acollerán nove actuacións do programa provincial +Música entre maio e outubro. A Estrada, Lalín, Silleda, Rodeiro, Vila de Cruces, Agolada, Forcarei e Dozón figuran no calendario dun circuíto que levará ás dúas comarcas propostas de folk, pop, verbena e música de raíz.

A primeira cita será na Estrada o 16 de maio, coa actuación de Mondra. Ao día seguinte, o 17, Silleda recibirá a Maillou. Xa o 20 de xuño, Lalín acollerá o concerto de Xuntos pola música, mentres que Rodeiro contará cun dobre paso polo circuíto: Comando Curuxás, o 23 de maio, e Vanesa Muela e Banda Traka, o 18 de xullo.

O calendario inclúe tamén varias citas concentradas en agosto. Vila de Cruces acollerá a Vanesa Muela e Banda Traka o día 8 e a Artística e Banda dos 80 o 9. Esa mesma fin de semana, Agolada recibirá a The Teta’s Van e a Leirabuxo. Ademais, Silleda volverá figurar no programa o 20 de agosto con Javi Maneiro e Loita Amada. Forcarei contará con Xabier Díaz e Adufeiras de Salitre o 22 de agosto.

A programación na contorna completarase en Dozón, co concerto de Os Satélites previsto para o 25 de outubro.

Tracking Pixel Contents