Saltar al contenido principalSaltar al pie de página

Festa gastronómica

Ansemil-Martixe celebra once anos de callos e foliada popular

A cita do 18 de abril ofrecerá menú a 20 euros, con reservas abertas ata o 15 | Haberá carpa pechada, aparcadoiro gratis e actuacións musicais

Presentación do evento gastronómico e musical no local social de Martixe. | BERNABÉ/JAVIER LALÍN

Presentación do evento gastronómico e musical no local social de Martixe. | BERNABÉ/JAVIER LALÍN

Xan Salgueiro

Xan Salgueiro

Silleda

As parroquia ssilledenses de Ansemil-Martixe volverá converterse o 18 de abril nun punto de encontro para a gastronomía e a música tradicional coa celebración da undécima Festa dos Callos e da Foliada da Pereiriña. A convocatoria, xa consolidada no calendario festivo do municipio, reunirá veciñanza e visitantes arredor dun programa que combina mesa, cultura popular e ambiente festivo para todas as idades.

A organización prevé unha xornada completa, con carpa pechada e aparcadoiro gratuíto, para facilitar a asistencia. O menú estará composto por empanada, callos, pan, viño, sobremesa e café, cun prezo de 20 euros para adultos e de 10 para os nenos ata 12 anos. As entradas poden adquirirse en Taberna de Isabel de Ubaldo (Martixe), Bar Sanse (O Castro), Bodegón de Esther (Silleda) e bares Arume e Victorino e Mercamella (A Bandeira), mentres que o prazo de reserva remata o 15 de abril.

A programación arrancará arredor das 12.45 horas coa participación do Grupo de Acordeóns da Escola Municipal de Música de Silleda, o Grupo de Gaitas da Emusi e Xirandola. A partir das 17.00 horas, a Foliada da Pereiriña contará coa actuación dos gaiteiros anfitrións, de Pau de Buxo e de 7 Ferrados, un clásico das grandes citas do país. O peche correrá a cargo do dúo Punto Cero.

A cita mantén así a fórmula que lle permitiu medrar ao longo da última década: reivindicar a tradición culinaria e reforzar ao mesmo tempo a dimensión social e cultural da festa. Dende a organización subliñan que o obxectivo pasa por facer da xornada «un punto de encontro para os veciños da zona» e por ampliar a oferta gastronómica do municipio.

Para esta undécima edición, os promotores prevén elaborar o seu prato estrela con 130 quilos de carne –entre pata, ventre, panceta e chourizo– e preto de 80 de garavanzos. As cifras dan med ida dunha celebración que, ano tras ano, foi gañando peso ata converter os callos nun dos sinais de identidade do seu calendario festivo.

Tracking Pixel Contents