Ensino e tradición
A Semana Verde convoca o segundo concurso sobre feiras tradicionais
O certame, dirixido ao alumnado da ESO, recibirá entrevistas interxeracionais escritas en lingua galega ata o vindeiro 15 de abril
Redacción
A Asociación Feiral Semana Verde de Galicia vén de convocar a segunda edición do concurso ‘Feiras Tradicionais Galegas’, unha iniciativa dirixida ao alumnado de Educación Secundaria Obrigatoria coa que busca achegar os máis novos á memoria do rural galego a través da conversa cos maiores.
O certame propón a elaboración dunha entrevista interxeracional centrada nas feiras e mercados tradicionais, de xeito que os estudantes recollan en estilo directo as vivencias, lembranzas e anécdotas de avós, avoas ou persoas de idade semellante. Os traballos deberán estar escritos en galego, ser inéditos e ter entre 4.000 e 5.000 caracteres con espazos.
O prazo de presentación permanecerá aberto ata o 15 de abril e cada participante poderá concorrer cun único texto. A convocatoria pretende, ademais de fomentar o gusto pola escrita, incentivar a relación entre xeracións, afondar no coñecemento das orixes e poñer en valor o medio rural e a historia feiral de Galicia.
Os premios entregaranse durante a Feira Internacional Semana Verde de 2026. Haberá tres galardóns económicos de 500, 300 e 200 euros para os mellores traballos, aos que se sumarán premios para os centros educativos dos gañadores, consistentes en saídas didácticas e visitas con obradoiros a distintos espazos culturais.
O relato gañador será publicado no boletín Cultura Rural de xuño de 2026, mentres que os textos finalistas tamén terán difusión nos soportes da entidade organizadora. A entrega de premios servirá, ademais, como marco para unha exposición de fotografías antigas sobre as feiras en Galicia, con especial protagonismo da Semana Verde.
- Un barco de la viguesa Opnapa recaptura un atún patudo marcado por los científicos hace casi diez años
- Xunta y concellos entrarán ya a limpiar fincas en zonas de riesgo de incendios si el propietario incumple sus deberes
- Expectación en el Chuvi por un plazo para cambiar de hospital que podría agudizar sus demoras
- El ourensano Juan Bouzo, que cumple 104 años, sigue tomando su vaso de vino al día «porque le da fuerza»
- El TSXG otorga 250.000 euros de indemnización a un paciente que sufrió una demora «negligente» en ser intervenido de un ictus por falta de camas en el hospital Álvaro Cunqueiro
- Stellantis Vigo inicia la producción de las primeras furgonetas K9 de tipo 'low cost'
- De récord en récord: los extranjeros copan más del 65% de los nuevos empleos creados en Galicia
- Así son los MG, los coches chinos de la otrora marca británica que SAIC apunta a fabricar en Galicia