Entrevista | Ana Parada Gañete Directora da Revista Galega da Educación
«Calquera persoa educa nalgún momento da súa vida»
Hoxe preséntase a súa última publicación da RGE na Casa da Letras, ás 19.30. Este número está adicado á radio escolar como ferramenta educativa, social «e para a vida». Será un acto aberto a toda a comunidade escolar na que participará profesorado da Estrada

Ana Parada (de pé, cuarta pola esquerda), xunto ao resto do equipo directivo da revista.
—Que é a Revista Galega da Educación?
Trátase dun proxecto educativo galego que promove a escola pública, democrática, laica e en galego. É unha publicación que naceu dende Nova Escola Galega no ano 1986.
—Lémbranos quen é este colectivo?
É un movemento de renovación pedagóxica que se fundou en 1983. Unha asociación que agrupa a profesionais da educación e que entre outras, puxo en marcha a RGE.
—Fálanos do equipo de traballo?
Temos un Consello de Redacción formado por dez persoas, con mestres e mestras dende eduación infantil, primaria, secundaria, formación profesional e universidade. Por outro lado, e con perfís moi semellantes, temos unhas 30 persoas formamos o Consello Editorial. A maiores, tamén contamos con profesionais da educación social que traballan noutros contextos educativos fora da escola.
—Cales son os seus propósitos?
Buscaban a recuperación dos dereitos e liberdades democráticas por parte da sociedade galega e da súa identidade cultural e da lingua propia.
—A revista vai xa polo número 93, con tres publicacións anuais dende o seu nacemento. Como se estructura?
A primeira parte consta sempre dun monográfico que desta vez vai adicado á radio escolar como ferramenta educativa. Na súa elaboración participa Esteban Folgar, que é o coordinador da radio escolar do IES Antón Losada. A segunda parte elabórase con artigos sobre lingua, educación social, tecnoloxía, rural e educación e tamén sobre experiencias educacivas fora de Galicia. Tamén damos espazo ás familias.
—Por que escollestes a radio como tema principal desta vez?
É un asunto que nunca tratamos en profundidade e ademais atopamos ós profesionais adecuadas para desenrolar este traballo. Quixemos resaltar o valor da mesma como ferramenta educativa, social e mesmo de vida.
—Que outros asuntos tratastes nos monográficso de anteriores números?
Fixemos temas moi diversos relacionados coa dixitalización na escola, participación da comunidade educativa, saúde mental, educación afectivo-sexual... 40 anos dan para moito. Proximamente publicaremos sobre escolas na natureza e cinema e educación.
—Quen máis participará no acto desta tarde na Casa das Letras?
O acto estará guiado por Pablo García, da Asociación de Medios en Galego. Contaremos coa presenza do alcalde da Estrada, Gonzalo Louzao. Participará ademais de Esteban Folgar, a mestra xubilada Pilar Bernárdez, que actualmente dirixe o espazo radiofónico «O recuncho da lingua».na emisora municipal e eu mesma.
—Atoparanse entón a radio escolar coa radio local...
Si. Pilar e Esteban contarán as súas experiencias en dúas radios distintas pero relacionadas que visibilizan e son evidencia do poder que ten este medio de comunicación.
—O acto estará aberto a toda aquela persoa que se queira achegar...
Por suposto. A Entrada é libre e animo dende aquí a que se achegue calquera que teña interese. Ademais levarei varios exemplares da revista por si alguén quere facerse con algún.
—Como e onde podemos adquirir esta revista?
Pódese facer contactando con nós dende a nosa web e mesmo facer unha suscripción dos tres números anuais. Ademais hai varias librarías en Galicia onde podemos mercala.
—A quen está dirixida esta publicación?
É un proxecto educativo feito por profesionais da educación e serve como recurso ós propios profesionais pero tamén á comunidade educativa e para a comunidade en xeral. Calquera persoa educamos en algún momento da nosa vida: como profesional, como nai, pai...
Suscríbete para seguir leyendo
- «Quedarán prohibidas las comunicaciones por WhatsApp entre familias y profesores. Se harán a través de un canal oficial y dentro de un horario»
- El antiguo concesionario Opel de la Avenida de Madrid será un hotel de 3 estrellas y 132 habitaciones
- La afición del Friburgo se rinde al «aura» de Balaídos y Vigo: «Estuve en muchos estadios y esto es una experiencia 10/10 »
- Cazan al arrastrero portugués «Coimbra» por presunta pesca ilegal en uno de los caladeros estratégicos de la flota gallega
- Un ourensano intenta pasar la ITV con un coche y una caravana vinculados a una estafa sufrida por un riojano
- Bertín Osborne actuará en la Festa do Galo, con María Mera de pregonera
- El Concello de Moaña contrata, por primera vez, un técnico para acelerar las tramitaciones en todos los departamentos
- Un desahucio sin inquilinos en Vigo que se prolongó año y medio: «Se fueron, dejaron de pagar el alquiler pero no pudimos entrar hasta ahora»