Saúde
Cando a primavera entra polos ollos
Máis dun vinte por cento da poboación sufre os episodios alérxicos por polen coa chegada da primavera. Conxestión nasal, tose ou proído de garganta ou ollos son os efectos máis comúns. En Galicia, debido ó clima húmido do norte, temos que sumar tamén a alta incidencia por ácaros do po

Ana Fondevila Álvarez, na súa óptica. | BERNABÉ/JAVIER LALÍN
As enfermidades alérxicas afectan a entre un 20 e un 30 por cento da poboación en España. É una reacción do sistema inmunolóxico a partículas finas de plantas. Provocan conxestión nasal, esbirros, proído de garganta ou ollos e tose, con maior incidencia entre os meses de marzo e maio. Os principais causantes son as gramíneas ou as árbores como o piñeiro. En Galicia, debido ó clima húmido do norte peninsular, a alerxia por ácaros do po ten alta incidencia. Segundo os últimos datos, as enfermidades alérxicas van en aumento.
Falamos coa optometrista e audioprotesista Ana Fondevila Álvarez, (Óptica Fondevila), que nos da unha serie de consellos para previr ou minimizar os efectos das alerxias estacionais. «Unha boa hixiene é esencial sobre todo nas persoas alérxicas ou propensas a sufrir estas consecuencias. Falamos de algo tan básico como lavar os ollos frecuentemente ou non tocalos coas mans sucias». Ademais existen produtos sinxelos que podemos usar como «bágoas artificiais ou lubricantes oculares para os ollos que podemos atopar sen receita en ópticas ou farmacias». Outra das regras básicas é coidar o noso entorno «non deixar abertas as ventás da casa todo o día. Recoméndase abrilas un par de veces, uns minutos, para ventilar. E cando imos no coche, circular sen abrilas. Incluso, evitar realizar actividades ó aire libre en xornadas de alta concentración».
Ana Fondevila recomenda previr ou, ós primeiros síntomas, actuar. «A idea é limpar os ollos con estes produtos e mantelos frescos e hidratados». Ademais do polen, a partir da primavera contamos con máis horas de luz solar e cada vez con maior intensidade o que axuda a irritación e sequedade do ollo. «O uso dunha gafa de sol, sempre homologada, que sexa máis curva e pechada, axudaranos tamén a reducir a entrada destas partículas e teremos mellor protexidos os ollos do sol».
Tamén se aprecian outras molestias como a conxestión nasal, goteo, picazón e o aumento de esbirros. A nivel respiratorio pódense producir sibilancias, (son agudo e silbante ó respirar), tose ou mesmo dificultade para respirar. «O máis recomendable é sempre acudir a un profesional para que che aconselle pero o esencial é eliminar todo o moco que poidamos bebendo moita auga ou o lavado nasal con auga de mar. E non só para mellorar o sistema respiratorio senón que isto pode agravarse e afectar tamén ós oídos coa aparición de otites».
Hai que lembrar que estas afeccións non teñen cura e en casos diagnosticados «poden aliviarse con antihistamínicos, aerosoles nasais e vacinas antialérxicas». Os datos da Organización Mundial da Saúde son alarmantes. De feito cualifícana as alerxias como unha «epidemia non infecciosa». Os datos da OMS apuntan a unha incidencia na poboación mundial de máis do cincuenta por cento para 2050. Os factores que máis inflúen son o cambio climático, co aumento da tempada de polen e a exposición a novas especies, e tamén o estilo de vida, sobre todo o occidental, con menor exposición a microbios ambientais e máis contaminación urbana.
Ana Fondevila volve a insistir na «hixiene e evitar na medida do posible a exposición a factores de risco nesta época do ano». Tamén lembra que coidemos máis dos nosos ollos xa que «si a isto lle sumamos as horas que pasamos pegados ás pantallas os efectos poden ser graves. Revisións oculares periódicas e boas prácticas poden evitar complicacións de saúde».
Suscríbete para seguir leyendo
- La victoria de la Real Sociedad en Copa complica el deseo europeo del Celta: las cuentas para Champions, UEFA o Conference
- Las familias se rebelan contra los profesores: llegan a Inspección por sanciones a los alumnos en Vigo
- Extranjeras de Vigo, tras solicitar su regularización: «Estamos emocionadas, es la oportunidad que estábamos esperando»
- O que nos deixou Samba, o noso veciño
- La música electrónica crece en Galicia: nace un nuevo festival a los pies de la ría de Vigo
- El pesquero de Cangas "Eirado do Costal", primero de la flota gallega en incorporar el modelo de un bote salvavidas cerrado e insumergible para soportar las gélidas aguas de Terranova
- Identificado el conductor del atropello mortal en Pontevedra, al que investigan por un homicidio imprudente
- Muere el policía nacional Nazario Luis Rodríguez Costa, destinado en Salvaterra y antes en la comisaría de Vigo