Música
Os benxamíns do rock fan tremer A Estrada
Un total de 34 nenos e nenas da escola de Musikenos encheron este domingo o Teatro Principal para demostrar as súas dotes na percusión, interpretando temas de grupos consagrados como Linkin Park, The Cure ou Imagine Dragons

Alumnado de infantil de Musikenos tocando a batería no Principal e dúas imaxes entre bambalinas.
O Teatro Principal da Estrada encheuse este domingo 22 de marzo, ás 12.00 horas, cunha proposta pouco habitual pero chea de enerxía: o concerto Kids Drummers de Musikenos, no que o alumnado máis novo da escola subiu ao escenario para demostrar o aprendido durante o curso.

Os benxamíns do rock fan tremer A Estrada
En total participaron catorce alumnos de batería, aos que se sumaron unha vintena de nenos e nenas de infantil, de entre tres e seis anos. No caso dos bateristas, as idades ían aproximadamente dos oito aos trece anos, sendo esta, para moitos deles, a súa estrea nun formato deste tipo.

Os benxamíns do rock fan tremer A Estrada
O concerto desenvolveuse cun formato singular: o alumnado interpreta a batería sobre cancións escollidas por eles mesmos. Así, ao longo da mañá soaron pezas de grupos como Linkin Park, Metallica, Imagine Dragons ou The Cure.
A preparación destas actuacións depende da dificultade das pezas, aínda que a escola traballa sempre con obxectivos ao longo do curso, combinando formación técnica e teórica con concertos e actividades. De feito, o calendario continúa xa co Salmón Rock, previsto para o 22 de maio, e co concerto de fin de curso, o 21 de xuño.
O público respondeu enchendo o teatro, algo que o director da escola, Alejandro Pereiras, considera clave: actuar ante xente dá valor á experiencia e reforza a motivación dos participantes. Ademais, subliña dous aspectos relevantes: a crecente presenza feminina na batería, cun 50% de nenas, e a implicación do resto do alumnado, que acudiu para apoiar aos seus compañeiros.
- El antiguo concesionario Opel de la Avenida de Madrid será un hotel de 3 estrellas y 132 habitaciones
- La afición del Friburgo se rinde al «aura» de Balaídos y Vigo: «Estuve en muchos estadios y esto es una experiencia 10/10 »
- Aceleran los proyectos más esperados: centro de mayores de Amancio Ortega, O Posío y el gran parque y piscinas de Ponte Canedo
- Un ourensano intenta pasar la ITV con un coche y una caravana vinculados a una estafa sufrida por un riojano
- «Quedarán prohibidas las comunicaciones por WhatsApp entre familias y profesores. Se harán a través de un canal oficial y dentro de un horario»
- «Éxito» en la huelga del sector textil en Galicia para impedir el avance de un posible convenio estatal
- Renfe lanza su «Plan Galicia 2026» con los Avril: será la primera vez que añada trenes en el Eje Atlántico entre Vigo y A Coruña desde 2015
- La Xunta acomete el mayor movimiento de personal de su historia: 3.200 empleados públicos cambian de puesto, el 12 por ciento de toda la plantilla